Guitar Hero poderÃa sextuplicar en vendas a Rock Band
xoves, 18 de setembro do 2008
O máximo responsable
de Activision, Bobby Kotick, non conforme con asegurar que o Guitar Hero de Aerosmith xerou máis
beneficios que calquera disco do grupo, asegurou durante o XVII
Congreso Goldman Sachs Communacopia que a súa franquicia de videoxogos musicais
domina o sector de xeito evidente, pois por
cada copia do Rock Band de Harmonix,
dende Activision venderÃan 6 copias de Guitar
Hero.
Engade que unha das principais vantaxes da súa compañÃa é que teñen acceso ao
30% da música mundial grazas aos seus acordos coa Universal, aÃnda que os
recursos dedicados a Guitar Hero
tamén son moi importantes, xa que hai preto de 2.000 persoas traballando nos
distintos procesos do xogo (dende a adaptación das cancións ata a creación de
instrumentos) mentres que os seu competidores só terÃan un par de centos de
traballadores nesas tarefas.
Tampouco haberÃa que esquecer que Rock
Band ten unha comercialización bastante mala (a súa primeira entrega aÃnda
remata a súa chegada a España este mes, cando xa saÃu a súa secuela nos EE.UU.)
mentres que Guitar Hero xa ten 6
tÃtulos á venda en todo o mundo (e varios en preparación).