A PlayStation 5 mellora o son do seu mando coa última actualización de sistema

mércores, 13 de marzo do 2024 Marcus Fernández

A nova actualización para as consolas PlayStation 5 iniciou a súa distribución, de xeito que as PS5 están a recibir diversas melloras e novas funcións. Entre as novidades desta actualización destacan as melloras no altofalante do mando da consola (que agora poden producir son a maior volume), tamén incrementan a calidade de entrada do micrófono dos mandos cun novo modelo de aprendizaxe automática de IA (que suprime o ruído de fondo do audio do xogo e ao premer os botóns) e tamén incrementa o volume do altofalante do mando (que pode axustarse no centro de control).
Cando os xogadores vexan unha sesión de Compartir pantalla en modo de pantalla completa agora poden empregar punteiros e reaccións con emoticonas para interactuar coa partida do anfitrión, tipo de interacción que tamén chegará á PlayStation App (para iOS e Android).
Completan as novidades a posibilidade de axustar o nivel de brillo do indicador de acendido da consola.