Pendulo Studios queda sen o 43% dos seus traballadores
xoves, 7 de marzo do 2024
Pendulo Studios, compañía española que desenvolveu videoxogos como Hollywood Monsters, Runaway e, máis recentemente, Blacksad: Under the skin e Tintin Reporter – Los Cigarros del Faraón, non está a pasar por un bo momento, xa que vén de anunciar un ERE que afecta ao 43% do seu cadro de persoal, o que a Coordinador Sindical do Videoxogo asegura que é consecuencia de altas presións do editor (Metroids) e unha toma de decisións caótica.
A compañía asegura que as condicións de produción impídenlle manter aos 33 traballadores afectados polo ERE, provocando estes despedimentos unha reoganización de tarefas de xeito unilateral e sen renegociación contractual.
Temos así un claro exemplo dos grandes problemas laborais que ten a industria do videoxogo, que neste caso consistían na práctica de crunch, problemas de liderado e unha calidade irregular dos produtos, que rematan minando a reputación do estudio e provocando un agravamento da situación.
A Coordinadora Sindical do Videoxogo tamén está a dar conta dun ERE en Codigames que afecta ao 20% do seu cadro de persoal, que sorprende despois de que entre 2020 e 2023 os seus socios se repartisen máis de 30 millóns de euros en dividendos, ou sexa, que a crise da industria afecta principalmente aos traballadores.