A empresa galega Ayco Internet acudiu ao BlackBerry World 2012 invitada por RIM
Ayco Internet, empresa tecnolóxica especializada en desenvolvemento de solucións de mobilidade, foi unha das poucas galegas que puido acudir a un dos principais eventos de tecnoloxía móbil deste ano, o BlackBerry World Congress (BBW). Este congreso, celebrado entre o 1 e o 3 de maio en Orlando, converteuse no centro mundial das ideas e dos avances relacionados con BlackBerry e coa mobilidade en (...)
Toshiba presenta un tablet con pantalla de 13,3 polgadas
Toshiba anunciou estes días unha nova gama de tablets co sistema operativo Android 4.0 e pantallas de distintos tamaños entre os que destaca especialmente o Rezga AT830, que presenta unha pantalla IPS de 13,3 polgadas cunha resolución de 1.600 x 900 píxeles, procesador nVIDIA Tegra 3 a 1,4 GHz, 1 Gb de RAM e 64 Gb de almacenamento interno, que se ben podería ter certo atractivo para os usuarios (...)
Código Cero celebra o seu I Foro Tecnolóxico e o seu 10º aniversario
O ano 2012 comezou coa publicación do nº 100 da revista Código Cero, que casualmente coincidiu cos 10 anos da nosa revista nas rúas, o que decidimos celebrar nun evento que tivo lugar hoxe no Auditorio da Biblioteca de Galicia sita na Cidade da Cultura, aproveitando a ocasión para celebrar a primeira edición dunha serie de foros tecnolóxicos que temos previsto celebrar nos vindeiros meses. Para (...)
Ata o domingo será posible xogar de balde a Star Wars: The Old Republic
Dende este xoves, e ata o vindeiro domingo celebrarase unha longa fin de semana no xogo Star Wars: The Old Republic, na que será posible xogar de balde a este título masivo en liña para todos os que non probaron este xogo anteriormente, de xeito que os usuarios que gocen da experiencia poderán adquirir o xogo despois da proba conservando os personaxes que creen nos vindeiros (...)
Un proxecto propón unha solución discreta para conectar dispositivos electrónicos á corrente
Os múltiples que facilitan a conexión de distintos dispositivos electrónicos non destacan pola súa estética e versatilidade, ao que responden cun orixinal proxecto que busca financiamento a través de Kickstarter e que pretende facer realidade un concepto chamado Plugbook, que sería un prolongador de corrente que incluiría 2 enchufes ordinarios, 2 portos de carga USB de 1 amperio, protección contra o (...)
LG personalizará os seus móbiles con Android 4.0
LG Electronics presentou hoxe a nova interface de usuario que vai introducir nos seus novos móbiles con Android 4.0 e que chamarase Optimus UI 3.0, integrando en terminais como o LG Optimus LTE II e o LG Optimus 4X HD novas funcionalidades personalizadas polo fabricante, como xeito de diferenciarse dos seus competidores (Samsung e HTC tamén engaden unha capa de personalización os seus (...)
Un novo vídeo amosa máis detalles de The Last of Us
Tras o grande éxito da franquía Uncharted os mozos de Naughty Dog anunciaron hai medio ano un novo título moi prometedor, The Last of Us, que conta a historia de supervivencia de Joel e Ellie nunha viaxe cara o oeste dos duns EE.UU. devastados nos que deberán atopar recursos para seguir con vida e protexerse das ameazas que xorden no seu paso. Como novo petisco do xogo veñen de publicar un vídeo (...)
Lenovo presenta un Ultrabook de 14 polgadas de fibra de carbono
Aos fabricantes de ordenadores está a custarlles colocar no mercado os seus portátiles de deseño delgado coñecidos como Ultrabooks, que buscan competir directamente co MacBook Air de Apple, por resultarlles complicado diferenciarse, o que parece que está a conseguir Lenovo co seu X1 Carbon, que presume de ser o Ultrabook con pantalla de 14 polgadas máis lixeiro do mundo grazas a que emprega fibra (...)
O Kyocera Urbano Progresso chega como un móbil sen altofalantes
Kyocera anunciou hoxe no Xapón o seu móbil Urbano Progresso, que destaca por aproveitar a transmisión do son a través dos osos (Smart Sonic Receiver) como alternativa aos altofalantes tradicionais, o que facilitaría o seu uso por parte de persoas con problemas auditivos e en ambientes ruidosos. Este curioso móbil non se limita a contar con ese revolucionario sistema, senón que tamén vén bastante (...)
Sonic 4 estrea o seu segundo episodio descargable
SEGA está a comezar a distribución dixital do xogo Sonic the Hedgehog 4 Episode II, que continúa a historia de retorno do ourizo Sonic clásico que se enfronta a varios dos seus inimigos lendarios contando desta volta coa axuda do seu vello amigo Tails. Dende hoxe o xogo pode adquirirse por 12,99 euros a través da PlayStation Network e Steam, mañá chegará a Xbox LIVE Arcade por 1.200 puntos Microsoft (...)
Minecraft supera o millón de copias vendidas para Xbox 360
Os xogos descargables non deixan de superar marcas, e tras a excelente acollida de Trials Evolution, agora chega a xente do estudo Mojang encabezada por Markus Notch Persson e consegue converter a Minecraft: Xbox 360 Edition no xogo máis vendido nas primeiras 24 horas en Xbox LIVE Arcade e, para rematar a faena, conseguen superar o millón de unidades vendidas en todo o mundo en menos dunha (...)
Máis da metade dos fogares galegos teñen contratada unha liña de banda larga
A empresa galega Ayco Internet acudiu ao BlackBerry World 2012 invitada por RIM
As empresas da Tecnópole aumentaron a facturación en 44,1 millóns de euros
Un buscador intelixente destapa as comisións e recargos ocultos dos voos
Preto do 70% dos habitantes da Terra Chá teñen cobertura de Internet de banda larga
A web da CRTVG achega un percorrido audiovisual pola vida de Paz Andrade
Os Premios de Internet 2012 xa teñen finalistas
Windows 8 permitirá monitorizar o uso do ordenador que fagan os cativos
O COETG conmemora o Día das Telecomunicacións reivindicando o papel da muller nas TIC
Declaración institucional da Xunta de Galicia co gallo do Día Internacional das Telecomunicacións e da Sociedade da Información

A adopción
xeneralizada da Internet na sociedade xerou cambios de tal magnitude que hoxe
experimentamos o mundo como unha comunidade global, onde as persoas se
relacionan de xeito instantáneo e calquera información se difunde velozmente e
pode provocar cambios e reaccións en calquera lugar do mundo.
Así, estase
a configurar unha sociedade demandante de novas solucións e servizos que poidan
dar resposta ás necesidades que trae consigo esta revolución dixital. Unha
sociedade cada vez mais dixital que, sen embargo, ten o reto de que ninguén
quede excluído. Estar do lado positivo da chamada fenda dixital supón ter mais
oportunidades de acceso ao coñecemento, aos mercados, á formación, ao emprego.
Queremos Galego defende a lingua nas redes sociais con motivo do Día das Letras

A plataforma Queremos Galego pecha fileiras esta
semana para a celebración do Día das Letras Galegas, este xoves 17 de maio, e
para toda a serie de actividades que se desenvolven horas antes e que se seguirán
a desenvolver unha vez que pase a xornada. Entre as accións máis salientábeis
dende o punto de vista dixital (a cuestión central en Código Cero, onde amais
das letras tamén conmemoramos o Día da
Internet, tamén o 17 de maio) figura unha mobilización nas redes sociais: no
Facebook
e máis no Twitter coa etiqueta #17Mqueremosgalego.
INEO organiza un curso sobre Xeración de novos modelos de negocio no sector TIC

Dende a asociación de empresas do sector TIC galego, INEO,
afirman (con coñecemento de causa) que a actualidade demanda que as firmas do
sector tecnolóxico estean preparadas para asumir cambios con rapidez, e coñezan
as ferramentas e metodoloxías que lle permitan avaliar cando é o momento de
levar a cabo modificacións, ou se o modelo de negocio que aplican é o máis
correcto e axeitado a cada circunstancia.
Esta asociación, que dende a súa formación
velou sempre por mellorar o rendemento das empresas TIC do país, sabe que este
labor pasa por mellorar primeiro a capacitación de traballadores e empresarios tanto
dende o punto de vista técnico como metodolóxico, algo que ten pensado
levar a cabo no vindeiro curso formativo
que vai celebrar en Vigo, e que impartirá a directora xeral de INEO, Lucía
Gregorio.
Os enxeñeiros galegos en Informática celebran o Día de Internet cunha declaración institucional

O Colexio Profesional de
Enxeñaría en Informática de Galicia, CPEIG, quere celebrar a coincidencia
festiva do 17 de maio, especialmente relevante para a cidadanía galega (xa que
se celebra o Día das Letras Galegas, o Día de Internet e o Día das
Telecomunicacións), cunha
declaración institucional na que se nos convida, colectivamente, a festexar
o coñecemento e tódalas innovación tecnolóxicas que xurdiron arredor del, en
boa medida representativas das mellores creacións do ser humano ao longo da
historia.
Toshiba presenta un tablet con pantalla de 13,3 polgadas

Toshiba anunciou estes días unha nova gama de
tablets co sistema operativo Android 4.0 e pantallas de distintos tamaños
entre os que destaca especialmente o Rezga AT830, que presenta unha pantalla IPS
de 13,3 polgadas cunha resolución de 1.600 x 900 píxeles, procesador nVIDIA
Tegra 3 a 1,4 GHz, 1 Gb de RAM e 64 Gb de almacenamento interno, que se ben podería ter certo atractivo para os usuarios que
queiran unha pantalla de grande tamaño, a
súa resolución pode decepcionar (xa hai tablets con Android con pantallas
Full HD) e o seu prezo de 80.000 iens (782,18 euros) parece excesivo.
· O HTC Desire C aspira a ser un móbil asumible con Android 4.0
Un proxecto propón unha solución discreta para conectar dispositivos electrónicos á corrente
Os múltiples que facilitan a conexión de distintos
dispositivos electrónicos non destacan pola súa estética e versatilidade, ao
que responden cun orixinal proxecto que busca financiamento a través de
Kickstarter e que pretende facer
realidade un concepto chamado Plugbook, que sería un prolongador de
corrente que incluiría 2 enchufes ordinarios, 2 portos de carga USB de 1
amperio, protección contra o sobrecalentamento e un cable de corrente de 3
metros que pode enrolarse no interior da súa carcasa de 243 x 153 x 55
milímetros que presenta unha forma
semellante á dun libro, o que facilita a súa ocultación cando non está en uso.
Deste xeito, o Plugbook podería gardarse no estante do salón entre libros de
xeito discreto, de xeito que estaría accesible para cando precisásemos conectar
a corrente algún dispositivo electrónico ou cargar por USB móbiles e tablets.
· LG personalizará os seus móbiles con Android 4.0
· Lenovo presenta un Ultrabook de 14 polgadas de fibra de carbono
· O Kyocera Urbano Progresso chega como un móbil sen altofalantes
· Buffalo pon á venda o primeiro router Wi-Fi que acada velocidades de ata 1,3 Gbps
Ata o domingo será posible xogar de balde a Star Wars: The Old Republic

Dende este xoves, e ata o vindeiro domingo celebrarase unha
longa fin de semana no xogo Star Wars:
The Old Republic, na que será posible xogar de balde a este título masivo
en liña para todos os que non probaron este xogo anteriormente, de xeito que os
usuarios que gocen da experiencia poderán adquirir o xogo despois da proba
conservando os personaxes que creen nos vindeiros días.
· Diablo III estréase esta noite a nivel mundial
· Virtua Fighter 5 Final Showdown chegará o mes que vén como título descargable
Halo 4 terá unha edición especial moi completa

A franquía estrela da Xbox 360 vai volver en forma dunha nova triloxía que botará a
andar o vindeiro 6 de novembro, data na que chegará ás tendas Halo
4, xogo que pasará do popular estudo Bungie a ser desenvolvido por 343
Industries, continuando a historia do Xefe Mestre, que regresará para
enfrontarse aos seu destino e a un antigo mal que ameaza o universo enteiro.
Promete unha campaña máis épica que as anteriores e con máis elementos de
exploración, así como un modo multi-xogador revolucionario.
· Un novo vídeo amosa máis detalles de The Last of Us
· Sonic 4 estrea o seu segundo episodio descargable
· Minecraft supera o millón de copias vendidas para Xbox 360
![]() Alternative content |
· A mostra interactiva sobre Celso Emilio chega á Biblioteca Nodal da Coruña
· GalegoLab celebra o 17 de maio con concursos en liña e mensaxes na nosa lingua para o mundo
· Investigadores galegos traballan nun sistema TIC para mellorar a protección en choques laterais
· Cultura dá a coñecer a súa achega de actividades para divulgar a obra de Paz Andrade
· O director xeral de Yahoo deixa o seu cargo tras descubrirse que non está titulado en Informática
· O COETG celebra mañá un Foro Dixital sobre o papel das mulleres e as rapazas nas TIC
· O Goberno pídelle ao sector TIC o envío de achegas para dar forma á Axenda Dixital española
· O simulador de compras do IGC, a disposición de consumidores, comerciantes e profesorado
Rúa Conxo de Arriba 49- 1 C
15706 Santiago de Compostela
Teléfono-fax:981 53 02 68
redaccion@codigocero.com



















