MotoGP 24 verá a luz o 2 de maio
xoves, 14 de marzo do 2024
Milestone e Dorna Sports S.L. veñen de anunciar MotoGP 24, o videoxogo oficial de MotoGP con tódolos pilotos e circuítos oficiais da tempada 2024 para as categorías MotoGP, Moto2 e Moto3, así como o campionato do mundo FIM Enel MotoE. A nova entrega estará dispoñible o 2 de maio de 2024, con versións para PlayStation 5, PlayStation 4, Xbox Series X|S, Xbox One, Nintendo Switch e PC (Steam).
Co obxectivo de ofrecer unha experiencia que reflicta á perfección a emoción das carreiras na vida real, a saga que segue engadindo algunhas das características máis solicitadas pola comunidade. Tras a introdución do Tempo Atmosférico Dinámico e as carreiras Flag-to-Flag do ano pasado, MotoGP 24 achegará aínda máis aos usuarios á competición real mediante a incorporación do Mercado de Pilotos e os MotoGP Stewards.
O histórico traspaso do piloto Marc Márquez desde o Repsol Honda Team ao equipo satélite de Ducati, Gresini Racing, sacudiu todo o mundo de MotoGP. A partir de agora eses xiros tamén aterrarán nas consolas grazas ao Mercado de Pilotos que abrirá unha manchea de posibilidades, xa que agora os pilotos reais poderán fichar por outros equipos. Así, cada tempada van comezar cun elenco de pilotos diferente e os xogadores non só competirán por gañar carreiras e campionatos, senón tamén por encontrar un novo asento ou conservar o que xa teñen. Os gústame e as respostas na ficticia rede social, alimentarán os rumores sobre posibles traspasos de pilotos.
A novidade dos MotoGP Stewards encargarase de controlar a carreira e calquera sesión cronometrada durante a fin de semana penalizando aos pilotos e á IA en función do seu comportamento na pista. Desde simples Advertencias (Warnings) nas primeiras infraccións até penalizacións de Volta Longa ou Tempo, así como ordes de deixarse pasar no caso de adiantamentos inxustos ata a cancelación do tempo de clasificación, tanto os usuarios como a IA incorrerán en penalizacións se infrinxen as regras. O pilotaxe arriscado terá incluso maiores consecuencias nas rivalidades con outros pilotos.
O Mercado de Pilotos e os MotoGP Stewards ofrecerán aos xogadores co modo carreira máis dinámico desenvolvido nun xogo de MotoGP e complementarán o novo deseño introducido no capítulo anterior.
Cabe destacar, o compromiso de Milestone coa accesibilidade levou á introdución dun novo sistema de dificultade adaptativa. Este sistema axustará dinamicamente a dificultade dos opoñentes en función do rendemento do xogador, polo que a dificultade do xogo adaptarase ás habilidades de cada usuario. Desde principiantes a profesionais, MotoGP24 ofrece unha gran experiencia de xogo a todo o mundo.
A IA e a física tamén ofrecerán melloras substanciais. A IA perfeccionouse para replicar a forma en que os pilotos reais afrontan as carreiras. Os antigos campións do mundo farán valer a súa experiencia agardando antes de atacar co adiantamento gañador. Os novatos terán que demostrar a súa valía desde o principio. En canto á física, deseñouse un novo sistema de axuste electrónico para xestionar mellor as fases de entrada e saída das curvas, mellorando a entrega de potencia para controlar o deslizamento da roda traseira e a tendencia da moto a derrapar. Outro aspecto importante é a xestión dos pneumáticos, que se revisou para garantir a utilización de todos os compoñentes de pneumáticos en varios circuítos, mantendo ao mesmo tempo unha sensación distinta para cada tipo de goma.
O apartado en liña de MotoGP24 enriquecerase tamén cos LiveGP Championships, un novo modo multixogador concibido para os xogadores máis competitivos. Trátase de tempadas compostas por un número determinado de LiveGPs; os usuarios terán o reto de escalar posicións na clasificación xeral do campionato sumando puntos en cada LiveGP no que participen. O xogo cruzado permitirá saír á pista e competir independentemente da plataforma e a xeración da consola, desde o lanzamento. Ademais, o modo de pantalla partida en rede local para dous xogadores confirmouse só nas versións de PlayStation, Xbox e Steam, para permitir desafíos corpo a corpo cos amigos.
Por último, a través de catro potentes editores de cascos, adhesivos, dorsais e parches traseiros do mono, os usuarios poderán dar rédea solta á súa imaxinación e competir as súas creacións en liña, tamén en multiplataforma.
Tráiler do xogo