Xosé Constenla presentou as súas novas cancións na Rede
mércores, 23 de decembro do 2015
Finalmente o músico
compostelán Xosé Constenla presentou en Santiago, na Zapataría
Bombarda, o seu novo traballo musical (o cuarto), titulado Virada
por Avante. E fíxoo dun xeito que combinou un achegamento
presencial aos seareiros cunha vertente puramente dixital. De feito,
A luz entre o desorde, o primeiro tema extraido de Virada
por Avante, púxose co gallo da interpretación nas principais
plataformas de distribución musical en liña (iTunes, Spotify,
Youtube, Amazon e Movistar) ao tempo que se retransmitía en directo
a presentación en si mesma (streaming)
a través da páxina web do
músico e en diferido (para os que chegaron tarde) a través de
Livestream.
Segundo nos conta
Constenla, A luz entre o desorde é unha das composicións
máis intimistas das que integran o seu novo álbum, “aínda que
neste caso mestúrase a parte máis sentimental cun enfoque tamén de
loita social”. O músico compostelá interpretou este tema en
Bombarda Zapatería (Praza de San Agostiño, 3) nun acto “íntimo e
breve” no que interpretou catro cancións máis. A presentación
pode visualizar ao longo dun mes na devandita plataforma tecnolóxica.
Ademais de Constenla, participou no acto o cantautor Roberto Sobrado,
que interpretou un tema. Virada por Avante é o cuarto disco
de Xosé Constenla e foi producido por Fredi Marugán e masterizado
nos Staterooms Studios por Oscar Herrador
