WhatsApp permitirá resumir con IA as mensaxes sen ler
mércores, 25 de xuño do 2025
WhatsApp anunciou a chegada dunha nova función chamada Resumos de mensaxes, deseñada para facilitar a lectura rápida de mensaxes sen ler grazas a resumos xerados por intelixencia artificial. A ferramenta, que emprega Meta AI, permite obter unha visión xeral dos contidos dunha conversa antes de abrir cada mensaxe individualmente, algo especialmente útil en momentos de présa ou tras perÃodos sen conexión.
A nova función apóiase na tecnoloxÃa de procesamento privado, que garante que nin Meta nin WhatsApp teñan acceso aos contidos das mensaxes nin aos resumos xerados. Ademais, o uso destes resumos é totalmente privado: o resto de participantes nunha conversa non pode sabe se tal opción está activada.
Os Resumos de mensaxes son unha función opcional e están desactivados de xeito predeterminado. Cada usuario pode decidir se quere usala ou non, e mesmo personalizar en que conversas se poden empregar a través da configuración avanzada de privacidade nas conversas.
De momento, a función está dispoñible só en inglés e para usuarios dos Estados Unidos, pero WhatsApp prevé expandila a outros idiomas e paÃses ao longo do ano.
