Vitae organiza en xuño unha nova xornada gratuíta sobre as utilidades da IA Xenerativa no software

martes, 9 de xuño do 2026 S. P.

Vitae Consultores, referente galego e estatal en formación tecnolóxica e transformadora, vai celebrar este mes de xuño a segunda edición dun evento formativo e gratuíto que aborda as posibilidades e usos da intelixencia artificial para os profesionais e as empresas centradas na programación. A xornada Utilidade da IA Xenerativa no Desenvolvemento de Software: Realidade ou Ficción? celebrarase o vindeiro 25 de xuño na Cidade das TIC da Coruña, en horario de 10.50 a 14.00 horas.
Sobre o contexto e os obxectivos da sesión, Vitae avanza que “a IA aplicada ao desenvolvemento de software evolucionou moi axiña” e que “hoxe xa non se trata só de saber se pode escribir código, senón de entender o seu impacto real na produtividade, os custos, a calidade, a seguridade e a organización dos equipos”.
Sobre os cambios que pode introducir a IA no día das e dos profesionais da programación e responsables de proxecto e equipos, Vitae propón as seguintes cuestións:
-A intelixencia artificial xenerativa pode aumentar a produtividade da nosa emprsa ou só despraza o esforzo a revisión, control e validación?
-Ten rendemento usar IA cos custos actuais de tokens, infraestrutura e seguridade?
-Ten sentido apostar por IA privada ou local para protexer datos e reducir custos?
-A IA substituirá aos profesionais da programación ou potenciaraos?
-Serán os tokens unha unidade para medir a rendibilidade e a produtividade?
Segundo explica Vitae, trátase “dun encontro con expertos para debater, con casos reais, se o desenvolvemento de software con IA é xa unha realidade empresarial ou aínda unha promesa esaxerada”.

Axenda

10.50 Recepción e apertura
12.00 Carlos Escudero Cascón. Director TI da UDC
12.30 Juan Martínez Neira. Director de Desenvolvemento de Software de Plexus.
13.00 Pausa para o café
13.15 Carlos González Jardón. Director de Arquitectura e Procesos TI de Abanca.
13.45 Debate e Preguntas
14.00 Peche

Data: Xoves 25 de Xuño de 2026
Lugar: A Cidade das TIC, A Coruña
Inscricións: vitae@vitaaedigital.com