Telefónica mellora a cobertura móbil en Galicia durante o verán
venres, 6 de agosto do 2021

- Rafael Moya, director de operacións do Territorio Norte de Telefónica nun vÃdeo da Escola de Telecomunicacións de Vigo
Dende finais do ano pasado Telefónica está a reforzar a
capacidade das estacións de telefonÃa móbil en Galicia de cara a proporcionar
unha boa cobertura durante o perÃodo estival. Nestas actuacións aplicáronse
parámetros especiais relacionados coas maiores acumulacións de turistas, para
garantir que o incremento de usuarios non afecta á calidade dos servizos de voz
e datos.
Na provincia de Lugo mellorouse a cobertura móbil de Ribadeo, O Vicedo e
Viveiro, para o que desenvolveron 103 actuacións en diferentes localizacións
destes concellos; e a nivel galego aseguran ter realizado 215 actuacións en 23
concellos.
Na costa pontevedresa actuaron en 9 municipios (Baiona, Cambados, Cangas, Gondomar, O Grove, A Guarda, MarÃn, Pontevedra e Sanxenxo) con implantacións de novas bandas de frecuencias 4G/5G,
sectorizacións para densificar unha determinada zona, ampliacións
de equipamentos para permitir maior capacidade e/ou prestacións para dar
servizo en zonas turÃsticas de gran aglomeración. Leváronse a cabo
89 actuacións en diferentes localizacións destes concellos.
Na provincia da Coruña mellorouse a cobertura móbil en 11 municipios (Ares, Boiro, Culleredo, Ferrol, Fisterra, Miño, Muros, MuxÃa, Ribeira, Sada e Valdoviño) para o que desenvolveron 103 actuacións en diferentes localizacións destes concellos.
O responsable de Operacións de Telefónica en Galicia, Rafael Moya, asegura que
«os operadores reforzamos de cara ao verán as redes móbiles para que poidan
facer fronte con normalidade aos incrementos de tráfico que soportan un gran
número de persoas utilizando os servizos destas redes nos seus lugares de vacacións. Este ano, igual que o pasado, este mapa previsible de tráfico viuse modificado como resultado da COVID-19, que está a reflectir novos comportamentos sociais que trouxo a nova normalidade».
