Redúcese a competencia entre os combinados de fibra e móbil máis económicos
venres, 25 de novembro do 2022- Comparación entre as tarifas de O2 de hai un ano e as actuais
Nos últimos meses houbo toda unha guerra por parte dos
operadores de telecomunicacións por ofrecer a fibra óptica máis económica, como
un xeito de captar a un tipo de cliente que non esixÃa servizos que fosen máis
aló de ter conexión á Rede no fogar, normalizándose unha chea de ofertas no
contorno dos 30 euros/mes. Pero agora que de cara a 2023 vemos como as
compañÃas preparan subas de prezo, atopamos outro cambio de polÃtica aÃnda menos
agradable: a desaparición das tarifas máis económicas.
Un dos casos máis evidentes no cambio do cadro de tarifas é o de O2,
que en
outubro do ano pasado estreara unha tarifa de fibra e móbil por 30 euros/mes
que achegaba unha conexión de fibra óptica a 100 Mbps simétricos, e agora a
tarifa máis económica que teñen para novos clientes é de 300 Mbps e móbil con
35 GB de datos por 35 euros/mes, que aÃnda que segue a ser unha oferta bastante
agresiva, eleva a barreira de entrada á banda larga fixa.
Lowi tamén ofrecÃa
unha tarifa de fibra de 100 Mbps con móbil con 10 GB de datos por 29,95
euros/mes, que agora non pode contratarse, sendo o seu combinado máis
económico o de fibra de 300 Mbps con móbil con 50 GB de datos por 34,95
euros/mes.
Na mesma liña tamén está Simyo, que xa non permite contratar fibra e móbil por
30 euros/mes, senón que agora a súa fibra de 100 Mbps con móbil con 100 GB de
datos e 0 minutos en chamadas custarÃa 35,99 euros/mes, prezo polo que tamén poderiamos
contratar fibra de 300 Mbps con móbil con chamadas ilimitadas e 40 GB de datos,
o que suporÃa que na práctica carecese de sentido contratar unha conexión de
fibra de 100 Mbps.
Temos asà que a competencia de combinados de fibra e móbil no contorno dos 30 euros
redúcese considerablemente, aÃnda que por fortuna ese espazo continúa a contar
con operadores como Digi, que por 30 euros/mes ofrece fibra de 300 Mbps e móbil
con chamadas ilimitadas e 10 GB de datos (mentres que na Coruña ofrecerÃa fibra
de 1 Gbps e móbil con chamadas ilimitadas e 10 GB de datos por só 25
euros/mes).
- Digi serÃa dos poucos operadores que manteñen combinados de fibra e móbil por 30 euros/mes