SICON

Deputacin de Pontevedra

O noso boletín por e-mail conta xa con 3033 lectores. ¡Subscríbete!
Código Cero

Diario de Novas Tecnolóxicas de Galicia

Pesar polo pasamento do profesor e director do CITIC Víctor Gulías

luns 30 de xaneiro do 2012, por Marcus Fernández | | Compartir | |

JPEG - 90.7 KB
Imaxe dunha das viaxes de Víctor Gulías publicada no seu perfil de Facebook

O pasado día 28 aos seus 41 anos de idade deixounos un dos grandes referentes da formación e a investigación tecnolóxica en Galicia, o profesor Víctor Gulías Fernández, actual director do Centro de Investigación en Tecnoloxías da Información e as Comunicacións (CITIC), profesor titular da Facultade de Informática da Universidade da Coruña e socio fundador de LambdaStream, empresa nacida na UDC e que desenvolvera unha solución de vídeo baixo demanda demostrando a capacidade de innovación que é posible dende Galicia.
Gulías tamén destacaba polo seu espírito emprendedor, pois xa estaba involucrado nun novo proxecto, Syntheractive, outra spin-off da UDC que está a desenvolver unha plataforma para crear contidos televisivos 2D e 3D interactivos.
Na Internet tamén podemos atopar moitas mostras de pesar por parte dos seus antigos alumnos, pois o seu xeito de impartir a docencia era sempre refrescante, no que moitos vían como o futuro da formación universitaria en Informática. A súa ausencia deixarase notar.
ACTUALIZACIÓN: O CPEIG únese ao pesar polo inesperado falecemento de Víctor Gulías.

JPEG - 62.9 KB
Víctor Gulías xunto ao seu socio en LambdaStream, Miguel Barreiro, nunha fotografía publicada no CiberPaís
 

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.
Rúa Conxo de Arriba 49- 1 C
15706 Santiago de Compostela
Teléfono-fax:981 53 02 68
redaccion@codigocero.com

 RSS