Os centros tecnolóxicos amosan potencial perante unha visita do CDTI
xoves, 6 de marzo do 2014
Os centros tecnolóxicos
integrados na Alianza Tecnolóxica Intersectorial de Galicia (ATIGA)
acolleron este mércores a visita da secretaria xeral de Ciencia e
TecnoloxÃa e presidenta do Centro para o Desenvolvemento Tecnolóxico
Industrial (CDTI), MarÃa Luisa Poncela.
Ao longo da súa visita aos integrantes de ATIGA (entre os que se
inclúe o centro tecnolóxico Gradiant, amais de ANFACO-CECOPESCA,
AIMEN e CTAG), Poncela tivo ocasión de coñecer de primeira man as
capacidades destes focos de innovación e transferencia tecnolóxica,
o labor que realizan facilitando os seus achados á industria e
favorecendo riqueza arredor dos mesmos, asà como a súa
participación en diferentes programas de I+D nacionais e
internacionais.
Tamén se lle fixo saber
que ATIGA ofrece soporte cientÃfico-tecnolóxico a practicamente
todos os sectores estratéxicos da nosa terra, mar-industria,
alimentación, metal-mecánico, naval, motor, aeronáutico,
transporte, novas tecnoloxÃas da información, audiovisual,
acuicultura, biotecnoloxÃa, sanitario, turismo, enerxético, quÃmico
e educativo. Lembróuselle ademais que a alianza achega un volume de
ingresos agregado de 38 millóns e que, en total, os activos que
manexan as entidades integradas no consorcio superan os 77 millóns
de euros. Poncela tamén puÃdo coñecer o seu equipo humano, o seu
principal valor: un colectivo de investigadoras e investigadores de
700 persoas. Tamén coñeceu a súa carteira de clientes (1.250
empresas de máis de 30 paÃses) e o número de proxectos de I+D
executados en 2013 no seu conxunto: un total de 369, dos cales 62
tiveron carácter internacional.
Durante as visitas, MarÃa
Luisa Poncela estivo acompañada polos representantes dos centros
adheridos a ATIGA: Juan M. Vieites Baptista de Sousa, secretario
xeral de ANFACO-CECOPESCA; Fernando Vázquez e Jesús Lago,
presidente e director xeral, respectivamente, do Centro Tecnolóxico
AIMEN; LuÃs Moreno, director xeral de CTAG; e Fernando Pérez e
Fernando Jiménez, director xeral e xerente de GRADIANT,
respectivamente.
