Oculus prepara un casco de realidade virtual autónomo de baixo custo
xoves, 13 de xullo do 2017
Parece que a promoción deste verán a través da que Facebook rebaixa
as Oculus Rift co seu mando a un prezo de 449 euros é só o comezo dunha
campaña para popularizar os sistemas de realidade virtual facéndoos máis
asumibles, e dende Bloomberg están a dar conta de que están
ultimando unha nova xeración do casco de realidade de Oculus.
Actualmente Oculus ofrece dúas liñas de produto (os mencionados cascos que
precisan para funcionar un ordenador de alto rendemento e un casco que funciona
introducindo no seu interior un smartphone de Samsung), ambas con prezos relativamente
altos e dependentes de produtos de alta gama, pero o seu novo produto, que polo
momento ten o nome de Pacific, serÃa
un casco máis compacto e lixeiro que os actuais que non dependerÃa dun
ordenador nin dun móbil e que terÃa un prezo inferior aos 200 dólares, o que
poderÃa ser a chave do éxito desta tecnoloxÃa.
O mercado actual dos dispositivos de realidade virtual é aÃnda moi cativo, estimándose que houbo
uns 2,3 millóns de dispositivos vendidos durante o primeiro trimestre do ano
(non só de Oculus, senón tamén de HTC, Sony e Google), pero o lanzamento dunha
solución económica e sen a incomodidade dos cables poderÃa ser o que moitos
estaban a agardar para introducirse neste xeito inmersivo de consumir contidos
e socializar.
Pacific funcionarÃa como a última
versión de Gear VR, ou sexa, que aparte do casco tamén contará cun mando sen fÃos
para facilitar o seu control, e a fabricación deste trebello serÃa cousa da
compañÃa chinesa Xiaomi, que non só se encargarÃa da produción dos cascos,
senón que tamén prepararÃa unha versión para o mercado chinés cargada coas
aplicacións de Xiaomi (lembremos que Facebook non está dispoñible en China).
Por desgraza o novo produto non estarÃa dispoñible este ano, e haberÃa que
agardar a 2018 se atendemos ás fontes consultadas por Bloomberg.
