Gradiant pecha este martes o seu proxecto LIFTGATE nunha xornada de portas abertas

martes, 16 de setembro do 2014 Redacción

Gradiant amósase (literalmente) este martes 16 ao tecido empresarial e investigador galego. De feito, o centro tecnolóxico con sede en CITEXVI (Vigo) celebra hoxe unha Xornada de Portas Abertas coincidindo co evento de peche do seu proxecto LIFTGATE, como lembraremos unha iniciativa abeirada a REGPOT do Sétimo Programa Marco da Unión Europea. Recordar tamén que LIFTGATE dirixiuse en boa medida a pór o noso potencial investigador, no eido das TIC, o máis preto posible de Europa.
Así, un dos seus cometidos foi o de fomentar intercambios profesionais e de coñecemento cos máis renomeados investigadores europeos e os centros onde desenvolven o seu traballo. Volvendo á xornada, dicir que nela, varios do enxeñeiros do centro galego poranse a disposición dos visitantes para efectuar demostracións das últimas tecnoloxías nas que traballa Gradiant. Por exemplo as súas solucións de Recoñecemento Facial en Dispositivos Móbiles ou os sistemas de seu para a Monitorización Cardiorespiratoria sen contacto co paciente, ou tamén a Análise Semántica en Redes Sociais ou o Recoñecemento de Emocións a través de exames de vídeo. Tamén se fará un repaso, como é de agardar, do que significou para Gradiant e para a nosa terra o proxecto LIFTGATE, que investiu 2,3 millóns no desenvolvemento do centro tecnolóxico galego e as súas capacidades, “elevando a súa competitividade a nivel europeo”.
Programa da xornada
10h00 - Comezo da Xornada Portas Abertas
10h05 - Comezo das sesións de demostración das tecnoloxías Gradiant
11h30 - Acto oficial de peche do Proxecto LIFTGATE
Introdución breve ao proxecto
Vídeo resumen do proxecto
Intervención de David Vazquez Cortizo, director xeral de Gradiant
Intervención de Fernando Pérez González, ex-director xeral de Gradiant
12h00 - (Cont.) Xornada Portas Abertas, demostracións de tecnoloxías Gradiant
14h00 - Final da Xornada