Galicia busca consolidar un sector TIC máis competitivo e global
luns, 8 de xuño do 2026
O macrosector das TecnoloxÃas da Información e das Comunicacións da nosa comunidade autónoma xunta esforzos no Cluster TIC Galicia, e para saber máis da evolución deste organismo vertebrador e potenciador conversamos cos seus presidente e vicepresidentes, comezando por Antonio RodrÃguez del Corral.
— Agora mesmo estamos a falar no Centro de Servizos Avanzados da Cidade das TIC, polo que parece un momento axeitado para falar desta iniciativa? Como está a progresar? Hai moitas empresas ou proxectos en previsión de sumarse nos vindeiros anos? Está a conseguirse o financiamento necesario para que o proxecto da Cidade das TIC complete o seu desenvolvemento como un campus tecnolóxico lÃder a nivel galego?
— A nosa avaliación do Centro de Servizos Avanzados é que constitúe un gran éxito, xa que está reservado ao 100% e todos os seus recursos se utilizan practicamente a diario. O último inquilino en incorporarse é o proxecto da plataforma de axentes de MásOrange, a través do cal a compañÃa trae a Galicia o desenvolvemento desta plataforma e situará a súa unidade de coordinación na Cidade das TIC. Na fase de desenvolvemento, tamén empregará o centro de datos da Cidade das TIC, aÃnda que investirá en capacidade propia de GPUs. Polo de agora, descoñecemos se estas se instalarán na Cidade das TIC ou noutra localización, pero o CSA actuou como un claro dinamizador.
O CSA é rendible e xera beneficios, malia que o 80% do seu beneficio operativo se debe dedicar á devolución da débeda. AÃnda asÃ, mantén un pequeno remanente positivo. Dentro dun ano terminará de pagar a devandita débeda, o que permitirá dispor dun remanente positivo máis importante para reinvestir no propio centro e en servizos futuros. Polo tanto, consideramos o CSA un grande éxito e o modelo a seguir para as seguintes naves da Cidade das TIC.
No resto da Cidade das TIC, contamos cos dous platós promovidos polo Clúster Audiovisual e co edificio do ITG. Asà mesmo, xa se licitou a reforma do centro de formación que promove a ConsellerÃa de Emprego, e urbanizouse parte do recinto. Se se calcula todo o investido, a cifra supera os 20 millóns de euros; porén, non se nota excesivamente porque o complexo é tan grande que esa cantidade parece pouca cousa.
Canto á xestión da Cidade das TIC, produciuse un cambio. Inicialmente era un proxecto case asembleario no que participaban a Universidade, a Xunta, o Clúster, a Deputación e o Concello, practicamente todos ao mesmo nivel. Tras unha reformulación, pasouse a un liderado compartido entre o Concello e a Universidade da Coruña, que son quen teñen a responsabilidade de levar adiante toda a reforma.
Neste novo escenario, o Clúster dedÃcase a propoñer. A nosa seguinte proposta é reformar a nave contigua ao CSA, para a cal existe unha demanda máis que suficiente. Non podemos afirmar que haxa demanda para todas as naves, xa que non é posible telo sen definir antes as datas de apertura; é un peixe que morde a cola. Con todo, para a próxima nave si dispomos de demanda e de proxectos. O Clúster está a preparar unha proposta centrada na intelixencia artificial e na IA para o desenvolvemento, que é unha das claves actuais do sector. Ao redor disto, erguerÃase outro edificio moi similar ao CSA, quizais con menos espazo para eventos —xa que carece de sentido telos xusto ao lado—, e máis orientado ao aloxamento de empresas e a proxectos tecnolóxicos.
— Dende o Clúster colaborades na elaboración do Plan Director da industria das TIC. Como está a avanzar o plan? Que beneficios terá o contar cunha estratexia para o desenvolvemento do sector?
— Agardamos que este plan ofreza beneficios a curto prazo. Analizándoo por partes, cómpre destacar que é a primeira vez na historia que existe un plan industrial para o sector das TIC. Historicamente, desde a creación da AMTEGA, parecÃa que o sector dependÃa desta axencia, a pesar de que non tiña as competencias nin os recursos necesarios. Cando se acudÃa ao IGAPE, a resposta era ambigua. Isto cambia co Plan Director, o cal xa supón un gran éxito en si mesmo. Iso non significa que non queiramos seguir colaborando coa AMTEGA, pero agora podemos obter dous beneficios: a AMTEGA como un gran cliente e promotor de iniciativas e a ConsellerÃa de EconomÃa cos seus organismos como posuidores das competencias e recursos para desenvolver sectores económicos.
O Clúster TIC redactou o Plan Director por encargo da SecretarÃa Xeral de Industria. Propuxemos numerosas accións e a SecretarÃa Xeral, con bo criterio, vai incorporando ao plan aquelas que xa contan cun orzamento consolidado, sen esquecer ningunha das outras.
O plan director xa tivo efectos prácticos. O programa IA360, que xa suma dúas edicións cun investimento próximo aos 15 millóns de euros consumidos practicamente polo sector TIC, xurdiu das primeiras elaboracións deste plan.
Respecto a se terá un efecto transformador no ano 2027, consideramos que aÃnda non, pero si estará vixente, xa que prevemos a súa aprobación oficial no verán de 2026. O primeiro ano de medidas será continuista co que xa habÃa, con algunhas novidades pero sen ser romper. Non obstante, o plan director inclúe un mecanismo de evolución, polo que en 2027 e 2028 haberá novas versións. Entendemos que, unha vez lanzados os plans directores da industria, é moi difÃcil dar marcha atrás; a partir de aÃ, o sector TIC considérase estratéxico e cómpre seguir desenvolvéndoo.
Ligados ao Plan Director existen grandes proxectos, como a factorÃa de IA do CESGA ou os programas de GAIN. Considero que queda pendente un elemento por desenvolver: a creación duna axenda de investigación TIC común, demandada polo sector empresarial e que involucre a todos os centros tecnolóxicos e de investigación. Non houbo tempo material para desenvolvela durante a redacción do Plan Director, pero a idea quedou recollida para o seu posterior impulso. En conxunto, será unha ferramenta moi positiva polo cambio de cultura e de procedementos que implica, á cal hai que concederlle tempo para o seu desenvolvemento.
— O Clúster organizou distintas iniciativas de proxección exterior con misións e participación en feiras tecnolóxicas. Como están a funcionar estas iniciativas? Hai algún mercado que estea a resultar especialmente atractivo para as empresas galegas? Ou o contexto internacional actual está a dificultar demasiado a internacionalización máis aló do ámbito europeo?
— Esta é unha acción moi importante do Clúster e desexo felicitar especialmente aos socios concretos que a están liderando, como Iago Soto (Quobis) ou AgustÃn Tourón (Councilbox), co apoio da oficina. Están a desenvolver unha axenda internacional moi relevante. O resultado neto de todo isto, alén de que cada vez máis empresas se incorporen á internacionalización, é que identificamos claramente como mercados de interese o centro e o norte de Europa, asà como América e América Latina. Nesa última rexión atópase o gran xacemento.
En América Latina xa existe unha industria TIC propia e consolidada, pero as solucións tecnolóxicas españolas son moi recoñecidas. Xa hai moitas empresas españolas con mercado alÃ, e o Clúster o que fai é axudar principalmente ás pequenas, dado que as grandes xa teñen os seus propios mecanismos. Para que as pequenas empresas se unan a estas misións económicas, o fundamental é dispor de produto TIC.
Se hai unha idea central na actividade do Clúster todos estes anos, é axudar as empresas a desenvolver produto, ademais de servizos. O máis fácil ao comezar unha empresa TIC é ofrecer servizos, pero o crecemento, a competitividade, os bos salarios e o alto rendemento económico proveñen do produto. Por este motivo se impulsan a axenda estratéxica de investigación e o Plan Director. Cando se dispón de produto, a internacionalización é moito máis sinxela, xa que non se require viaxar para crear factorÃas de software con centenares de persoas; abonda con exportar o produto.
— Durante bastantes meses realizouse un esforzo colectivo para que a Axencia Española de Supervisión da Intelixencia Artificial (AESIA). Unha vez conseguido tal obxectivo toca preguntar se o tecido tecnolóxico galego está a conseguir algún beneficio de ter a axencia estatal preto. Temos á vista oportunidades interesantes a este respecto?
— No sector xa coñeciamos o papel da Axencia dende o principio: unha axencia de supervisión do Goberno situada na Coruña. Trátase dun órgano estatal situado aquÃ, do mesmo xeito que a CMT está en Barcelona, o cal non implica que xurdan máis operadores de telecomunicacións nesa cidade.
Ao principio non estaban claras as funcións da Axencia, se se limitarÃan a inspeccionar e sancionar, ou se tamén incluirÃan promover ou crear contornos de experimentación. Mentres existÃa esa indefinición, cabÃa a oportunidade de que tivese unha influencia directa sobre o territorio. Polo de agora, desenvolveuse principalmente coas misións de inspección, formación e sanción. As funcións de promoción ou desenvolvemento corresponden a outros órganos do Goberno, como a SecretarÃa Xeral de IA. Por tanto, é un organismo máis do Estado situado en Galicia. O feito de que non tivese nin vaia ter un impacto directo sobre o sector non debe xulgarse de xeito positivo ou negativo, senón como o propio dunha axencia destas caracterÃsticas. Se a Axencia evolucionase e adquirise outras funcións alén da supervisión, algo que corresponde decidir ao Goberno, serÃa o momento no que resultarÃa máis sinérxica co territorio. De momento, non é asÃ.
— Dada a relevancia actual da intelixencia artificial, está o Clúster dinamizando o sector dalgún xeito para evitar que os seus socios teñan problemas para adaptarse?
— O proxecto que mencionei anteriormente xorde dun dato concreto: no Clúster calculamos que o sector TIC de Galicia gastará en 2026 entre 7 e 10 millóns de euros no pago de licenzas de IA para o desenvolvemento. Máis do 90% dese diñeiro destÃnase a Estados Unidos, e esta tendencia irá a máis. Os prezos están a subir, ninguén desenvolve xa sen IA e, de feito, desenvólvese máis grazas a ela.
O obxectivo do novo proxecto do Clúster é buscar que eses 10 millóns de euros, ou parte deles, queden en Galicia. A idea xirará en torno a contar con máis infraestrutura propia, maior orquestración e máis IA que dirixa a propia IA, encargándose de decidir a onde se destina cada tarefa de desenvolvemento. Isto si se pode crear en Galicia. O propósito é empregar a IA de código aberto no maior número de tarefas de desenvolvemento posible, sen penalizar a calidade da entrega. Este será o núcleo central do proxecto do Clúster.
— A IA é xa unha tecnoloxÃa cun presente que poderiamos considerar case consolidado, pero hai outras tecnoloxÃas emerxentes que en Galicia tamén apuntan maneiras como a cuántica e a fotónica. Temos realmente potencial en tecnoloxÃas de fronteira? Que serÃa preciso para que certos desenvolvementos pasasen do laboratorio ao mercado de mans de empresas galegas?
— Existen empresas no sector e algunha delas mesmo publicou un algoritmo cuántico dentro do Clúster, aÃnda que non hai moitos proxectos. A nosa reflexión é que a oportunidade para que o sector TIC de Galicia sexa relevante no mundo cuántico reside no software, concretamente no desenvolvemento de pezas de software ou produtos que participen na cadea de valor da cuántica.
Un exemplo sinxelo é o dunha startup alemá que creou unha web que analiza o teu algoritmo cuántico e decide en que ordenador resulta máis económico executalo. Se o algoritmo no está preparado para ese ordenador, traduce o código mediante IA. Esta idea poderÃaselle ocorrer a calquera empresa de Galicia; nin sequera fai falta crear un algoritmo cuántico para formar parte dese sector.
Esa é a postura do Clúster: axudar os socios a formarse. Participamos no Polo Cuántico de Galicia e na rede, onde insistimos en que as empresas TIC non se van introducir no mundo cuántico contratando programadores especÃficos a ver que inventan, senón formando a algúns dos profesionais dos que xa dispoñen e que teñen capacidades. O obxectivo é contar con programadores duais que poidan aproveitar oportunidades concretas.
Por outra banda, vaise lanzar un programa de GAIN moi interesante sobre Deep Tech, e saÃu a estratexia nacional de Deep Tech dotada con 8.000 millóns de euros. Isto debateuse no Clúster e unha das ideas xurdidas foi a da cuántica. Quizais, como autocrÃtica, fáltannos ideas sobre que algoritmo ou produto cómpre desenvolver, o cal tamén é responsabilidade de cada empresa. Con todo, temos claro que a oportunidade de Galicia está no software cuántico, xa sexa na parte de comunicacións, de algoritmos ou de infraestrutura. Para facer software cuántico de baixo nivel cómpre coñecer o hardware, polo que é importante que existan ordenadores próximos, sobre todo se son abertos. É un ámbito que aÃnda non tocamos a fondo.
— O Clúster realiza numerosas actividades de formación e capacitación. Está a mudar moito a demanda deste tipo de iniciativas por mor da emerxencia de tecnoloxÃas que ata hai pouco parecÃan reservadas a especialistas?
— Existe unha demanda sostida e debemos agradecer á ConsellerÃa de Emprego que financie cada ano actividades de formación para todos os clústeres. Dentro destas actividades, o Clúster TIC de Galicia é o que máis fondos consome, con moita diferenza respecto ao resto, o que demostra a existencia de dita demanda.
Preséntanse dúas variantes nesta materia. Haberá un novo modelo de financiamento no que o propio empregado terá que cofinanciar en especie a súa formación, aÃnda que tamén é certo que é o beneficiario directo que incorpora ese coñecemento ao seu currÃculo. Tamén cobra relevancia a cuestión das microcredenciais.
No Clúster xa hai un grupo de empresas provedoras de formación de diferentes tipoloxÃas dirixida a empregados, desempregados e directivos. Cada ano dispoñemos dunha grella de formación composta por 400 cursos, que se actualiza nun 20% mediante enquisas aos socios. Actualmente, a oficina do Clúster prepara a enquisa para a nova grella de formación de 2026 e 2027. Sabemos que gran parte da demanda se centra en axentes de IA e en como optimizar o desenvolvemento, mellorar o rendemento do hardware ou consumir menos tokens. Moita da formación irá encamiñada por aÃ.
— Precisamente sobre tecnoloxÃas emerxentes estamos a ver como moitos dos socios do Clúster están a avanzar bastante no ámbito da ciberseguridade. Podemos velo como un barómetro do avance da dixitalización na nosa sociedade?
— Podemos velo como un barómetro da actividade dos hackers! Existen tantÃsimos incidentes de seguridade e ameazas, e a IA está a axudar tanto os hackers a atopar vulnerabilidades! E o tema este de Claude Mythos, que ten a todo o mundo aterrorizado! O mercado demanda protección e solucións; tanto os concellos coma as grandes empresas amosan preocupación, e calquera que desenvolva un produto debe protexelo. É unha guerra sen fin entre os que intentan roubar e os que se defenden. Está claro que é un segmento do sector que non vai minguar. Trátase dun ámbito no que resulta moi complexo atopar persoal, especialmente persoal formado, pero sen dúbida é un sector en auxe e a IA está a contribuÃr en ambas direccións: a descubrir lagoas e a defenderse delas.
— Un dos grandes problemas do sector tecnolóxico é a captación de talento, e moi especialmente de talento feminino. Dende o Clúster levades tempo contribuÃndo ao fomento das vocacións STEM. Conseguiuse algún avance significativo nos últimos anos ou queda aÃnda moito por facer?
— A tendencia mantense estable: o sector atrae principalmente persoal masculino e, en menor medida, feminino. Actualmente hai unha fase de estancamento mentres todos nos reposicionamos no mundo da IA, afectando tanto a clientes como a provedores.
Respecto a por que o sector non atrae máis o xénero feminino, ou por que outros sectores resultan máis atractivos, os estudos realizados presentan resultados contraditorios, pero non ofrecen unha solución evidente. As decisións tómase moi cedo; un non decide ser ou non informático ou optar polas ciencias aos 18 anos, senón aos 11, 12 ou 13 anos, moi influenciado polo contorno e polos profesores que se teñen nese momento a principios da secundaria. Eses docentes son os que máis inflúen, ademais dos roles ou a falla de exemplos visibles.
Pola nosa parte, podemos afirmar que é un sector con bos salarios, un contorno cómodo para traballar, conciliable, flexible e onde o nivel de estrés que puido existir no pasado xa se equiparou ao de calquera outro sector. A cultura global cambiou e hoxe en dÃa non hai máis estrés aquà que noutro lado.
Unha vez exposto isto, son as persoas individualmente as que deben tomar a súa decisión. O que máis podemos facer dende o Clúster é ofrecer modelos de rol feminino de éxito nese momento de decisión (entre os 11 e os 14 unha idade na que o sistema xa obriga a elixir un camiño). Cremos que se deberÃa incidir máis niso mediante vÃdeos, redes sociais e mensaxes potentes; unha boa campaña permanente de pequenas accións poderÃa axudar.
— Para concluÃr, cales cres que son os maiores desafÃos do Clúster TIC Galicia para os vindeiros anos?
— O Clúster está consolidado e economicamente saneado, polo que nese aspecto non hai dificultades. Máis que un desafÃo para o Clúster como organización que está ao servizo dos seus asociados, o reto é para os propios socios.
Este desafÃo é dobre. Por un lado, a IA axuda a que cada vez se ofrezan máis servizos. Aqueles proxectos que antes se vÃan inabordables ou non eran rendibles, agora resultan tan económicos que se realizan, e ademais pódense facer a medida grazas á IA. Isto xera unnha maior demanda de servizos. Por outro lado, ábrese unha fenda enorme de rendibilidade entre as empresas TIC que están verdadeiramente posicionadas na IA e as que van quedando atrás. A misión fundamental do Clúster debe ser contribuÃr a que en Galicia contemos con máis empresas TIC de éxito, internacionalizadas, con produto propio e con capacidade para reinvestir. Ese era o noso reto hai cinco anos e segue a ser o mesmo hoxe en dÃa; a IA modifica un pouco o panorama, pero non o altera por completo.
Tino Fernández, Vicepresidente de Grandes Empresas do Clúster TIC Galicia
— Dada a importancia de Altia no sector TIC galego e no Clúster, como valora a implicación das grandes empresas en iniciativas como a capacitación profesional e a ciberseguridade?
— A implicación das empresas máis grandes é fundamental. Temos a responsabilidade de contribuÃr á formación do talento que imos necesitar no futuro e de axudar a construÃr unha sociedade máis preparada para afrontar os retos dixitais.
A capacitación profesional non pode ser só unha tarefa das administracións ou do sistema educativo; as empresas debemos participar activamente achegando coñecemento, experiencia práctica, visión de mercado e oportunidades.
No ámbito da ciberseguridade, ademais, estamos ante un desafÃo colectivo. As ameazas afectan a organizacións de todos os tamaños e tamén á cidadanÃa. Por iso, é importante que as compañÃas con maior experiencia compartamos boas prácticas, colaboremos en iniciativas conxuntas e axudemos a elevar o nivel de madurez dixital do conxunto do tecido económico galego. Insisto na idea de desafÃo colectivo.
— As compañÃas como a súa, onde poderÃan aportar máis para o fortalecemento do ecosistema tecnolóxico galego?
— Creo que podemos aportar especialmente en tres ámbitos.
O primeiro é o talento, colaborando coa universidade, a formación profesional e os centros educativos para que Galicia siga sendo unha referencia na xeración de profesionais TIC.
O segundo é a innovación. Temos a capacidade de impulsar proxectos de maior dimensión, favorecer a colaboración entre compañÃas, centros tecnolóxicos e administracións, e contribuÃr a que as solucións desenvolvidas en Galicia poidan competir en mercados nacionais e internacionais.
E o terceiro é a creación de oportunidades. Cando unha empresa galega medra, internacionalÃzase ou lidera proxectos estratéxicos, está abrindo camiño para outras empresas do ecosistema. O éxito dunha compañÃa non debe entenderse como algo illado, senón como unha oportunidade para fortalecer o conxunto do sector.
— O programa ALLOCATE no que participa a cidade da Coruña (asà como o Clúster e Altia), poderÃa ser un bo exemplo do que a tecnoloxÃa galega pode aportar á sociedade?
— Sen dúbida. ALLOCATE é un excelente exemplo de como a tecnoloxÃa pode poñerse ao servizo das persoas para resolver problemas reais e mellorar a calidade de vida da cidadanÃa.
O máis relevante deste tipo de iniciativas é que combinan innovación, colaboración público-privada cun papel destacado do Concello da Coruña e impacto social. Galicia conta con empresas, universidades e centros de coñecemento con capacidades tecnolóxicas de primeiro nivel, e proxectos como este permiten demostrar que ese coñecemento pode traducirse en solucións útiles para as cidades e para os seus habitantes.
Ademais, ALLOCATE reflicte algo que defendemos desde o Clúster TIC Galicia: a tecnoloxÃa non é un fin en si mesma, senón unha ferramenta para construÃr unha sociedade mellor, máis eficiente, máis inclusiva e máis sostible.
Santiago Paz, vicepresidente de PEMEs do Clúster TIC Galicia
— ¿Que iniciativas recentes do Clúster considera máis útiles para as pemes galegas?
— Os retos actuais para as pemes, que son o 80% dos socios do Clúster, son moi similares aos das grandes empresas. Formar parte do Clúster, é dicir estar unidos, axuda a que de forma colectiva se poidan poñer remedio aos grandes problemas e sobre todo afrontar os retos con máis capacidade.
Froito de esta unión xorden accións como o da formación permitindo as pemes capacitar aos seus traballadores, facendo máis competitivo o ecosistema TIC galego. Polo tanto dirÃa que un deles e o plan formativo do Clúster TIC con cerca de 2 millóns de euros anuais en formación para os traballadores das entidades socias e para aqueles profesionais que non teñen traballo e queren formarse para acceder a un posto neste sector.
DestacarÃa tamén as accións de internacionalización que sen dúbida está permitindo a pemes seguir medrando e exportar produto de software alen das nosas fronteiras.
— ¿Que oportunidades pode abrir un bo ecosistema tecnolóxico a empresas como Dos Espacios á hora de emprender proxectos innovadores en Galicia?
— Non se entende o crecemento das pemes como Dos Espacios sen innovación e sen desenvolver I+D. Nos últimos 5 anos iniciamos proxectos innovadores que nos permitiu crear produto software tecnolóxico para o sector turÃstico e sobre todo para os destinos turÃsticos intelixentes. Esta forma de enfocar o futuro permite hoxe en dÃa traballar cos principais destinos turÃsticos de España, formar parte do Hub de Innovación turÃstico de Telefónica e colaborar cos partners máis importantes do sector. Tamén permite levar este produto innovador ao estranxeiro onde por exemplo iniciaremos o primeiro piloto de Beditas Hospitality en EEUU ao longo do 2026.
— ¿Podemos dicir que sectores como o do turismo, de tanto impacto na nosa comunidade, están agora intimamente ligados ao sector TIC? ¿Aparte da explotación comercial que facilita a tecnoloxÃa, hai outras capas nas que se traballa que poden ofrecer máis ca un portelo de venda de servizos?
— Tradicionalmente o sector do turismo estaba pouco dixitalizado enfocando o produto de software eminentemente a venda ou a procesos moi sinxelos.
Era incomprensible que un sector que supón máis do 12% do PIB e dá traballo ao 11% do mercado laboral estivera sen modernizar. A implantación de destinos turÃsticos intelixentes, a creación da PID (Plataforma intelixente de destinos) por parte da SecretarÃa de Estado de Turismo a través de SEGITTUR, na que está a traballar tamén Dos Espacios, son sen dubida grandes avances cara un sistema de gobernanza do turismo que vai a permitir xestionar e gobernar este sector de forma máis eficiente.
Dos Espacios está a converterse nun referente no sector TIC turÃstico non só pola tecnoloxÃa que estamos a desenrolar se non tamén polo gran equipo de profesionais que temos na compañÃa que permiten deseñar estratexias de futuro para os destinos. Sen ir máis lonxe estamos rematando co plan estratéxico de turismo de Santiago por poñer un exemplo onde o deseño estratéxico permitirá que o sector siga crecendo de forma sostible.

- O Centro de Servizos Avanzados é un elemento vertebral da Cidade das TIC
