Confirman que adaptarán os Nokia N800 para a rede WiMAX de Sprint nos EE.UU.
venres, 10 de agosto do 2007
Mentres que en Europa se está a promover a
conectividade móbil 3G e HSDPA, nos EE.UU. quere pasar directamente a unha
cuarta xeración, xa que Sprint está a preparar o espallamento dunha rede WiMAX en
moitas cidades americanas que permita tanto a navegación pola Internet coma o
uso de VoIP para chamadas telefónicas, dándose a coñecer durante unha
conferencia en San Francisco que os primeiros dispositivos que se adaptarÃan a
tal tecnoloxÃa serÃan os Nokia N800.
O Dr. Ari Jaaksi comentou durante a LinuxWorld que están a traballar na
adaptación do Nokia N800 (que actualmente conta con conectividade Wi-Fi)
para que se conecte a redes co estándar IEEE 802.16e (WiMAX móbil).
O Nokia N800 é o que dan en chamar un Internet
Tablet, ou sexa, un dispositivo portátil semellante a unha PDA, pero que
permite dende a navegación pola rede mediante o seu navegador Opera (aÃnda que
xa existen versións
adaptadas de Mozilla) ata o uso de Skype, destacando a boa resolución da
pantalla de 4,1 polgadas do terminal (800 x 480 pÃxeles) o que permite unha cómoda
lectura dos contidos (mentres que a meirande parte dos trebellos semellantes só
presentan resolucións duns 320 x 240 pÃxeles).
