A Xunta garante o compromiso coa especialización tecnolóxica de Galicia
mércores, 13 de maio do 2026
O conselleiro de Facenda e Administración Pública, Miguel Corgos, reivindicou hoxe, durante a inauguración da cuarta edición do Foro Empresa e Intelixencia Artificial da Coruña (organizado por Quincemil) a aposta da Xunta pola especialización tecnolóxica e pola soberanÃa dixital de Galicia, cun sector TIC competitivo e adaptado ás necesidades do territorio.
Corgos destacou o papel clave das empresas tecnolóxicas neste proceso e garantiu que seguirán contando co respaldo do Goberno galego. Neste sentido, lembrou que o número de empresas TIC medrou en Galicia máis dun 7 % nos últimos cinco anos, o que consolida a comunidade como a quinta rexión con maior número de compañÃas deste ámbito.
Como mostra do compromiso da Xunta coa intelixencia artificial, o conselleiro puxo en valor a aprobación en 2025 da lei para o desenvolvemento e impulso da IA en Galicia, converténdose na primeira rexión europea cunha normativa propia nesta materia. Tamén salientou a creación do Consello Galego de IA, no que participan a Administración autonómica, representantes do sector e o ecosistema de coñecemento das universidades galegas, asà como a posta en marcha do Programa Galego de IA 2026-2028. Este plan, dotado con 54 millóns de euros, servirá como folla de ruta para estender o uso desta tecnoloxÃa na administración, nas empresas e na vida diaria da cidadanÃa.
Sobre este programa, asegurou que permitirá ofrecer unha Administración máis eficaz, personalizada e accesible, mediante sistemas intelixentes de atención á cidadanÃa, asistentes virtuais capaces de informar sobre trámites e procedementos, asà como ferramentas de xestión e automatización orientadas a facer máis áxiles e simples os procesos administrativos.
Corgos incidiu en que moitos destes obxectivos xa se están materializando a través de sistemas destinados á interpretación de probas radiolóxicas na sanidade, á mellora dos diagnósticos nos cribados de distintos tipos de cancro, á monitorización do benestar e da saúde de persoas maiores ou con discapacidade, ou á conexión entre ofertas de emprego e demanda laboral en función dos perfÃs profesionais.
Tamén destacou a liña de axudas IA360, centrada na optimización das cadeas de valor e na mellora da produtividade empresarial mediante a aplicación da intelixencia artificial.
