130 millóns de euros para reforzar as tecnoloxÃas cuánticas e a IA
venres, 15 de maio do 2026
A Xunta reforza con 130 millóns de euros a súa aposta polas tecnoloxÃas profundas, como a computación cuántica e a intelixencia artificial, co obxectivo de impulsar a I+D+i en Galicia. O ecosistema galego vén demostrando nos últimos anos que dispón da capacidade cientÃfica, o tecido empresarial e o talento precisos para situarse na vangarda das deep tech en consonancia coas directrices europeas. Asà o salientou hoxe a directora da Axencia Galega de Innovación, Carmen Cotelo, durante a súa comparecencia na Comisión 4ª do Parlamento de Galicia para explicar os avances acadados a través do Plan galego de investigación e innovación 2025-2027.
Dos 130 millóns de euros destinados a fortalecer capacidades estratéxicas de futuro en Galicia, 35,4 millóns corresponden a convocatorias xa resoltas vinculadas a proxectos de intelixencia artificial e tecnoloxÃas cuánticas, entre elas Nexos, VInnovate, Unidades Mixtas, programas predoutorais, postdoutorais, doutorados industriais e Ignicia. Outros 12,7 millóns de euros reservaranse para novas convocatorias que o Executivo galego publicará proximamente nestes ámbitos. Súmase tamén a adxudicación a Galicia da FactorÃa Europea de IA, que mobilizará 82 millóns de euros.
Estas actuacións evidencian a adaptación do ecosistema galego de I+D+i ás tecnoloxÃas avanzadas. Segundo indicou a representante da ConsellerÃa de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, «a intelixencia artificial e a cuántica son tecnoloxÃas con capacidade para transformar sectores como a saúde, a enerxÃa, a biotecnoloxÃa, a industria agroalimentaria, a loxÃstica ou os servizos públicos, ademais de crear emprego cualificado e abrir novas oportunidades económicas».
Galicia conseguiu consolidar unha posición destacada na integración da intelixencia artificial. Ademais da factorÃa europea de IA OneHealth, unha das 19 aprobadas pola Comisión Europea, a folla de ruta galega inclúe proxectos como o novo centro de datos do CESGA, chamado a reforzar as capacidades de computación avanzada.
O CESGA ocupa un papel central nesta estratexia. No ámbito cuántico xa conta co computador Qmio de 32 cúbits, o primeiro instalado nunha institución pública española e tamén o máis potente do sur de Europa. «Imos seguir avanzando coa incorporación dun novo computador cuántico de 54 cúbits, cun investimento de 9 millóns de euros», destacou Carmen Cotelo, quen tamén puxo en valor o labor do Vigo Quantum Communication Centre (VQCC) da Universidade de Vigo e do CITIC da Universidade da Coruña, implicados no desenvolvemento dunha infraestrutura cuántica pioneira ao servizo da investigación.
Avanza tamén a construción dos laboratorios CESGA-AtlanTTic e IGFAE-CESGA Quantum Computing Lab, dotados con capacidades experimentais únicas en España e cun investimento de 4,6 millóns de euros procedentes de fondos europeos e recursos propios. Ademais, xa entrou en funcionamento a autopista de comunicacións cuánticas máis longa de España, con 120 quilómetros entre Santiago e Vigo, que se ampliará ata Valença. Tamén está operativa a estación óptica terrestre da Universidade de Vigo para comunicacións espaciais, considerada a maior de España. Galicia asumirá igualmente a coordinación dun val europeo de innovación especializado en tecnoloxÃas cuánticas.
Entre as próximas convocatorias anunciadas figura Vinnovate Galicia, un instrumento de cooperación entre empresas e entidades de distintas rexións europeas ao que se destinará un millón de euros para proxectos relacionados coas tecnoloxÃas profundas e a biotecnoloxÃa. Tamén se reforzará o programa de Recuperación Excelencia NEOTEC, orientado a empresas innovadoras de base tecnolóxica que quedaron sen financiamento estatal. «Destinaremos un 30 % do orzamento a este tipo de proxectos dentro dunha convocatoria global de 2,73 millóns de euros para rescatar iniciativas galegas que non puideron ser financiadas», explicou a directora da Axencia Galega de Innovación.
O novo programa Ciencia-Empresa, pensado para proxectos individuais de I+D empresarial con capacidade de transferencia e impacto económico, activou unha convocatoria de 3 millóns de euros, dos que 2,4 millóns se reservan para este ámbito. «A convocatoria acaba de pechar o prazo cunha resposta moi positiva: o 92 % dos proxectos presentados céntranse en tecnoloxÃas avanzadas», afirmou Cotelo.
A Xunta ultima tamén a tramitación doutras dúas novas liñas de apoio: unha convocatoria Deep Tech para proxectos colaborativos en intelixencia artificial e computación cuántica, e outra destinada a proxectos colaborativos de I+D+i en biotecnoloxÃa. «Son instrumentos, financiamento e capacidades para que Galicia participe activamente no desenvolvemento destas tecnoloxÃas e nos grandes espazos europeos de innovación», concluÃu Carmen Cotelo.
