Zara Home venderá a través da Internet a partires do outono
venres, 7 de setembro do 2007
O grupo Inditex comezará a vender produtos pola
Rede, aÃnda que non será a roupa o primeiro que comercialice a través da web,
senón que será a súa marca Zara Home a que primeiro se anime a montar unha
tenda virtual para 13 paÃses (España, Alemaña, Bélxica, Dinamarca, Francia,
Grecia, Holanda, Irlanda, Italia, Luxembrugo, Portugal, Reino Unido e Suecia).
Zara Home está especializada en produtos para vestir e decorar o fogar (non se
trata dunha liña de roupa masculina aÃnda que poida parecer tal ós
galegofalantes) e agarda comezar a vender dende a súa web a partires do mes de outubro
segundo anunciou
o concelleiro delegado do grupo, Pablo Isla, nun encontro en New York.
No mes de xuño Inditex xa anunciara o seu desembarco en Second Life inaugurando unha tenda de
Bershka neste mundo virtual, polo que a operación de Sara Home sumarÃase ás
apostas do grupo de Amancio Ortega para explorar novas oportunidades de
negocio, aÃnda que queren deixar claro que o lanzamento da nova tenda en liña non será un proxecto piloto para
o futuro lanzamento doutras tendas virtuais.
A nova tenda achegará un catálogo
de preto de 2.000 produtos das coleccións Zara Home e Zara Home Kids,
conservando os prezos das tendas fÃsicas, aceptando pagamentos con tarxeta de
crédito e dando o seu servizo de atención telefónica por correo electrónico e
teléfono.
