A Web abriuse ao público hai 25 anos
martes, 23 de agosto do 2016
- Facebook é unha das compañías que está a destacar hoxe a celebración do Internaut Day
Cando hoxe entramos en Facebook ou visitamos Twitter vemos
que está a celebrarse o #InternautDay, no que aseguran que hoxe a web fai 25
anos e agradecen a Tim Berners-Lee o seu traballo, pero iso pode sorprendernos
xa que o
pasado mes de decembro demos conta de que a primeira páxina web cumpría 25 anos.
Como é iso posible? Pois o que acontece é que resulta imposible dar datas
concretar para definir o nacemento de proxectos complexos, que se desenvolven
en varias fases, e se ben a primeira web naceu no mes de Nadal de 1990, e o
proxecto da World Wide Web abriuse á colaboración o 6 de agosto de 1991, non
foi até o 23 de agosto cando o servizo da WWW fíxose público na Internet, e
incluso hai quen considera que a Web non naceu realmente até o 30 de abril de
1993, cando o CERN liberou o protocolo Web e fíxoo de uso libre (chegando a
crearse o consorcio W3C ao ano seguinte para velar por esta tecnoloxía),
propiciando a súa adopción global.
A primeira páxina
web continúa a estar actualmente dispoñible en liña despois de que restaurasen
unha copia hai tres anos, polo que podemos visitala para lembrar o 25
aniversario dun dos grandes momentos que marcaron a historia da Web que
coñecemos hoxe, aínda que a celebración do Internaut Day (ou Día do Internauta)
non sexa nin moi celebrada nin moi coñecida, sendo moito máis popular a
celebración do Internet Day (ou Día da Internet) que casualmente coincide co
Día das Letras Galegas dende 2006 e que, en vez de buscar a celebración do
nacemento da WWW pretende reivindicar a inclusión dixital.