YouTube prepara a detección preventiva de infraccións de copyright

mércores, 17 de marzo do 2021 Marcus Fernández

O consultor de redes sociais Matt Navarra deu conta dunha novidade de YouTube descuberta por Jasser Masood que vai recibirse dun xeito moi positivo, e que consiste nunha nova pantalla de carga de vídeos dende equipos informáticos, na que podemos ver un apartado de verificación de copyright, ou sexa, que antes de publicar un vídeo determinado o usuario pode saber se o clip contén algún elemento que poida xerar conflitos de dereitos de autor, axudando así a evitar penalizacións e incluso o peche de canles.
Polo momento esta nova opción só está visible para algúns usuarios, xa que trátase dunha proba de YouTube, pero cando se xeneralice poderá evitar problemas para moitos creadores de contidos, alertando de posibles problemas de xeito preventivo, e axudando tamén á realización de boas prácticas.