Unha empresa de Santiago, gañadora da aceleradora de proxectos TIC Fiware Finodex
martes, 19 de xaneiro do 2016

- O equipo de Linknnovate
A empresa Linknovate,
emprazada en Santiago de Compostela, vén de resultar gañadora da
primeira convocatoria da aceleradora
de proxectos TIC Fiware Finodex, financiada pola Comisión
Europea. Ao seu carón, outras dúas empresas (Geezar de Zaragoza e
Xpressomics, situada en Estonia), foron seleccionadas. Segundo fan
saber dende a aceleradora, estas organizacións superaron catro fases
nas que competiron un total de 196 proxectos. Cada unha das
finalistas recibiu financiamento entre os 115.000 e os 170.000 euros
para pór en marcha as súas iniciativas de mercado. Por certo que
en YouTube podemos ver xa un vÃdeo sobre as achegas de Linknovate.
Tamén se fornece unha
entrevista cos impulsores da firma compostelá.
Como lembraremos, Finodex
é unha das 16 aceleradoras financiadas pola Comisión Europea para
apoiar aqueles proxectos de PEME e emprendedores baseados en datos
abertos e en tecnoloxÃas Fiware, co obxectivo de xerar novos
produtos e servizos tecnolóxico-dixitais. A devandita palestra de
iniciativas, liderada por Zabala
Innovation Consulting, está integrada nun consorcio formado por
outros 6 socios europeos. A través de dúas convocatorias, Finodex
escolleu xa máis dun centenar de propostas innovadoras,
subministrando a cada unha delas entre 10.000 e 170.000 euros de
financiamento. En total, vanse a investir 4,64 millóns de euros en
apoiar os proxectos seleccionados.
Como dixemos, o primeiro
posto da convocatoria foi para Linknovate, o que lle serve á firma
galega para obter 170.000 euros en apoio orzamentario. Linknovate
Innovation Search Engine é unha tecnoloxÃa de intelixencia
competitiva, baseada nun motor de procura que axuda aos equipos de
fabricación e de I+D nas empresas a atopar tecnoloxÃas e socios. O
segundo posto (135.000 euros) foi para Xpressomics. O seu proxecto
consiste nun buscador de información xenética dirixido á industria
de farmacéutica e os investigadores médicos. O terceiro foi para
Geezar, co seu proxecto Fruitwatcher. Consiste nun dispositivo que
fai seguimento nos camións de froita do nivel de humidade,
temperatura e localización para verificar que a mercancÃa chega a
destino en óptimas condicións. En total os seus responsables levan
115.000 euros.
