Unha aplicación permite converter ordenadores con Windows 7 en puntos de acceso Wi-Fi

luns, 2 de novembro do 2009 Marcus Fernández

Hai uns meses falábase de que os laboratorios de Microsoft estaban a desenvolver unha tecnoloxía chamada Virtual Wi-Fi que permitiría compartir o acceso á Internet dun ordenador portátil a través de Wi-Fi, de xeito que un equipo con Windows 7 podería converterse nun punto de acceso, e aínda que esa prestación non está dispoñible de serie, a xente de Nomadio deu co sistema para activala, polo que crearon a aplicación en probas Connectify, que destaca por executarse na área de notificacións do sistema operativo, onde podemos picar para seleccionar o acceso á Internet que queremos compartir, tras o que elixiremos o nome dunha nova rede Wi-Fi a través da que o compartiremos cun contrasinal determinado.
Connectify funciona nas versións de 32 e 64 bits de Windows 7 e Windows Server 2008, e é capaz de utilizar a mesma interface Wi-Fi como cliente e coma servidor, coa limitación de que a rede á que conectemos sen ríos e a rede Wi-Fi que xeremos estarán na mesma canle.