Un proxecto en Lánzanos supera os 675 mil euros recadados
xoves, 13 de febreiro do 2014
AÃnda que o micromecenado a través da Internet é un fenómeno
que en España ten unha presenza moi inferior á de mercados como o
norteamericano, comezamos a ver auténticos éxitos no noso territorio, como un proxecto
en Lánzanos que vén de superar todas as marcas rexistradas, pois pese a
querer xuntar unha cantidade relativamente elevada (58.000 euros) non só
conseguiu xuntar tal cantidade, senón que a multiplicou por 11, cun total de
675.940 euros que servirán para facer realidade unha edición conmemorativa do
25º aniversario do xogo de mesa HeroQuest.
Os mecenas deste proxecto podÃan pagar 65 euros para facerse cunha edición
básica do xogo ou 80 euros para unha versión con algúns contidos adicionais,
pero sorprendentemente a meirande parte de usuarios (5.025 persoas) optou por
achegar 110 euros para conseguir a edición máis completa do xogo, disparando a
recadación e levando aos responsables desta iniciativa a ter que esforzarse para poder
completar a produción duns 5.300 exemplares do xogo e 7.200 engadidos opcionais
a tempo para o Nadal de 2014, procurando tamén facer máis unidades para a
súa venda en tendas (os mecenas terán prioridade na distribución).
A edición do 25º aniversario de HeroQuest ten unha páxina web de seu
dende a que se informará dos dÃa a dÃa desta iniciativa de cara á súa chegada
ao público.
