Un proxecto de crowdfunding busca recuperar o diario Público
martes, 3 de abril do 2012
Ante o proceso de concurso de acredores no que está a
empresa do Diario Público, e coñecéndose o feito de que a súa edición dixital
vai saÃr á venda, constitúese unha cooperativa de traballadores e usuarios para
mercar publico.es e xerar un novo medio de comunicación, para o que empregan a
plataforma de Verkami.com para captar fondos, marcándose como obxectivo
inicial os 30.000 euros en 40 dÃas (dos que no momento de escribir estas liñas
xa conseguiron 4.250 euros), aÃnda que pensan que a cantidade pola que se venda
a cabeceira sexa finalmente duns 108.000 euros. En caso de non poder facerse
con publico.es, , optarÃan
por emprender unha nova publicación co mesmo espÃrito e equipo de Público (esperan
xuntar a un mÃnimo de 30 traballadores do desaparecido medio impreso), pero cun
nome distinto.
O novo medio contarÃa con distintos tipos se socios (traballadores,
subscritores, usuarios e colaboradores) e nesta fase amparada baixo o dominio
MásPúblico.org están abertos ao mecenado dos futuros lectores con achegas que
van dende os 10 aos 1.200 euros.
Este tipo de proxectos crowdfunding
están a converterse en moi habituais para iniciativas que non acadan
financiamento por canles tradicionais, apostando por desintermediar para chegar
ao público final e conseguir facer viables proxectos que doutro xeito
rematarÃan nos caixóns das compañÃas, aÃnda que a captación de fondos continúa
a ser difÃcil, tanto na fase inicial dos proxectos como na súa supervivencia
posterior.
