Tuenti renóvase apostando polo móbil e a internacionalización
mércores, 11 de xullo do 2012

- O novo deseño da páxina web de Tuenti é máis sinxelo e visualmente atractivo
A plataforma social española de máis éxito renóvase
profundamente hoxe, e Tuenti estrea na mesma xornada unha nova aparencia da súa
páxina web e unha aplicación móbil que busca facilitar a comunicación entre os
seus usuarios. O
cambio de estratexia da compañÃa é importante, deixando de centrarse na
mocidade e buscando chegar a un público máis amplo e incluso, máis internacional,
aproveitando o móbil para fornecer as comunicacións sociais. Os cambios de
Tuenti tamén mudan o xeito de entender a privacidade dentro desta plataforma,
distinguindo os contactos dos amigos, de xeito que podemos tecer unha ampla rede
de contactos, pero manter a nosa intimidade nun contorno máis próximo.

- A aplicación móbil de Tuenti busca converterse nunha ferramenta de comunicación multiplataforma lÃder
Unha das chaves deste cambio de rumbo é a aplicación móbil Tuenti
Social Messenger, que xa está dispoñible
para dispositivos con Android e BlackBerry, deixando as súas versións para
iOS e Windows Phone para máis adiante (paso bastante lóxico se entendemos o
público actual da plataforma). Cómpre destacar que as aplicacións están
dispoñibles en múltiples linguas (español, inglés, portugués, catalán, éuscaro,
galego, alemán, francés, italiano, holandés, eslovaco e checo).
A aplicación permite chatear cos contactos de Tuenti, ver os seus contidos
compartidos e importar os contactos da
axenda, e inclúe as funcionalidades do novo Tuenti no tocante á privacidade,
para o que tamén encriptan as comunicacións.
Queda agora agardar se a aposta de apertura de Tuenti é un acerto, conseguindo
gañar público e competindo con xigantes como Facebook e sistemas de
comunicación como Whatsapp, ou queda todo no intento, o que non deberÃa de ter
consecuencias negativas, pois as novidades incorporadas ao servizo
principalmente melloran o seu atractivo estético e funcional.
VÃdeo de presentación do novo Tuenti

- A nova aplicación móbil de Tuenti polo momento só está dispoñible para Android e BlackBerry (tardará unhas semanas en chegar a iOS e Windows Phone)
