Televés, elixida por Canal+ Francia para a achega de canles de TV en hoteis
martes, 12 de xaneiro do 2016
A
empresa galega Televés, centrada no deseño, desenvolvemento e
fabricación de equipos para a distribución de servizos de
telecomunicacións, vén
de ser seleccionada por Groupe Canal+ en Francia como provedora de
cabeceiras transmoduladoras DVBS2-DVBT da familia T.0X para
CanalPro encamiñadas ao mercado hospitality
en Francia (hoteis, hospitais, prisións, centros deportivos, etc).
Estamos a falar de equipos mediante os cales se distribúen as canles
de televisión que o operador achega aos clientes deste sector.
Emporiso,
as cabeceiras de Televés poderán adaptarse de xeito automático aos
cambios da grella de canles de satélite que realice Groupe
Canal+, amais de xestionar e programar de maneira remota, o que
suporá unha mellora dos servizos que os establecementos achegan aos
seus clientes e unha redución dos custos de mantemento.
A
empresa Televés, con sede en Santiago de Compostela, foi elixida
como provedor de Groupe Canal+ logo dun longo proceso no que o
operador valorou parámetros como a capacidade de desenvolvemento
tecnolóxico e fabricación, os estritos controis de calidade en cada
fase da cadea de produción, a solidez da compañÃa e o seu perfil
internacional.
