Steve Ballmer abandona os seus cargos de responsabilidade en Microsoft
martes, 19 de agosto do 2014
O pasado verán Steve Ballmer anunciou
que abandonarÃa a dirección de Microsoft antes dun ano, e finalmente o pasado mes de
febreiro Satya Nadella colleu o seu relevo á fronte da compañÃa de Redmond,
dando tamén un xiro de temón, para situar á empresa na senda do seu futuro, e
deixando claro que a partida de Ballmer era total, hoxe publica
unha carta dirixida a Nadella na que confirma que abandona a xunta directiva de
Microsoft.
Steve Ballmer asegura que agora repartirá as súas ocupacións entre o equipo de
baloncesto profesional Los Angeles Clippers (que mercou por uns 2.000 millóns
de dólares despois de que un xuÃz autorizase a operación a semana pasada),
contribucións cidadás e actividades académicas (na Universidade de Stanford); á
vez que confirma que continuará a manter unha importante carteira de accións de
Microsoft por considerar que resultan moi rendibles.
Ballmer remata asà 34 anos en postos de relevancia na compañÃa fundada por Bill
Gates e Paul Allen en 1975, da que se converteu no empregado número 30 en 1980.

- Ballmer dirixÃndose a empregados de Microsoft (entre os que se atopaba Satya Nadella) hai un ano
