Skype permite ocupar o enderezo IP dos usuarios

venres, 22 de xaneiro do 2016 Marcus Fernández

Se facemos un doble toque sobre un participante nunha multi-conferencia en vídeo poderemos velo a pantalla completaAnte a crecente preocupación pola seguridade, as novas versións de Skype están a incorporar de xeito predeterminado que os usuarios agochen o seu enderezo IP, de xeito que un particular non poderá obter o identificador numérico do equipo dende o que se conecta un usuario con só saber o seu identificador de Skype como acontecía até o momento.
Esta medida parece irrelevante para a meirande parte dos usuarios de Skype, pero hai casos moi concretos, como o de xogadores en liña, que agradecerán esta funcionalidade, xa que evita que terceiros poidan coñecer o seu enderezo IP con só saber o seu identificador de Skype, o que permitiríalles lanzarlle un ataque de denegación de servizo que lle impedise xogar en liña ou provocase que os seus movementos nunha partida en liña experimentase retardos (que poderían ser cruciais en competicións de alto nivel).

A ocultación do enderezo IP pode axudar a mellorar a nosa seguridade informática

PUBLICIDADE