Varias firmas socias do Clúster TIC Galicia acudiron ao eMerge Americas en Miami
luns, 29 de abril do 2024
Os pasados dÃas, o 18 e 19 de abril, seis empresas do Clúster TIC Galicia participaban en Miami no evento tecnolóxico eMerge Americas. Trátase de: Quobis, SG Tech, Councilbox, a consultora APDTIC, Librebit e Inverbis Analytics, empresas que asistÃan a esta feira, unha das máis importantes de toda América, onde se reúnen emprendedores, investidores, empresas emerxentes e lÃderes no sector tecnolóxico e institucións.
Durante a misión, organizada polo Grupo de Traballo de Internacionalización da entidade, co apoio do IGAPE e o financiamento do ICEX, tiveron a oportunidade de reunirse persoalmente con multitude de axentes económicos de interese. Entre outros, mantiveron xuntanzas coa antena do IGAPE, ICEX en Miami, Miami-DadeCouncil, Beacon Council, a Cámara de Comercio de España-EE.UU. en Florida, (US Spain Chamber of Commerce) e Abanca USA. Asemade, participaron na xornada organizada polo ICEX para coñecer o ecosistema de innovación da cidade e facer networking con diferentes organismos e empresas de Miami. Alén disto, puideron asistir a dous eventos paralelos: StartupOle e Venture Café Miami.
Indo á misión, dicir que agora quere avanzar en dúas posÃbeis liñas: explorar se o Clúster TIC Galicia pode participar na Cámara de Comercio de España-EE.UU. e realizar unha sesión informativa entre as empresas socias e o ICEX. A finalidade é reforzar o posicionamento do ecosistema empresarial TIC galego nun lugar de referencia a nivel internacional e potenciar as boas relacións comerciais entre Galicia e Estados Unidos, explorando novas oportunidades de negocio.