Denuncian que ChatGPT non cumpre a lexislación de protección de datos
luns, 29 de abril do 2024
O colectivo Noyb está a denunciar serios problemas do ChatGPT para cumprir coa lexislación europea, xa que o Regulamento Xeral de Protección de Datos recolle que os cidadáns temos dereito a que a información sobre a nosa persoa sexa correcta e poidamos ter acceso á mesma, e dende OpenAI admiten non ser quen de corrixir a información incorrecta que divulga ChatGPT.
Ante esta situación Noyb vén de presentar unha denuncia contra OpenAI polas alucinacións do ChatGPT relativas a persoas, o que supón a publicación de datos falsos; e tamén pola incapacidade da compañÃa de achegar a toda información recollida nos seus sistemas relativa aos cidadáns que a reclaman (dereito recollido pola norma europea).
A denuncia presentouse ante a autoridade de protección de datos austrÃaca, entidade sobre a que recaerá a investigación sobre o cumprimento da lexislación europea por parte de OpenAI.
Cómpre salientar que o problema sobre a protección de datos denunciado por Noyb replÃcase en todos os grandes modelos de linguaxe, polo que non semella que esteamos ante unha situación doada de evitar a curto prazo, sendo importante que as compañÃas detrás destas tecnoloxÃas colaboren o máximo posible coas autoridades europeas para procurar mitigar os problemas que poden provocar os contidos que xeran mediante IA.