Por fin podemos reordenar as publicacións na cuadrícula de Instagram

martes, 9 de xuño do 2026 Marcus Fernández

Unha das funcións máis anticipadas de Instagram por fin está a distribuírse entre todos os usuarios. Trátase da posibilidade de reordenar a cuadrícula de publicacións no noso perfil, función que pode realizarse simplemente premendo de xeito prolongado unha das publicacións, para que apareza un menú no que temos unha nova opción: reordena a cuadrícula.
Unha vez activada a nova función, o usuario pode desprazar e soltar as distintas publicacións para deixar a cuadrícula ao seu gusto, algo que resulta especialmente interesante para marcas e influentes que queren ter un maior control sobre a imaxe que proxectan nas súas redes sociais.

Cada vez son máis as opcións de personalización da cuadrícula de Instagram