Piden que a Axencia Estatal de Radiocomunicacións teña sede galega

martes, 13 de outubro do 2009 Marcus Fernández

Representantes do sector das telecomunicacións no museo Santiago Rey Fernández-Latorre

A Axencia Estatal de Radiocomunicacións será o organismo autónomo que administrará o reparto, concesión e vixilancia da xestión de frecuencias do espectro radioeléctrico, actualmente competencia do Ministerio de Industria, e que aínda non ten definida a súa sede, coincidindo de xeito unánime os distintos axentes do sector en Galicia nas bondades de que poida recaer na nosa comunidade autónoma.
En plena campaña electoral xa puidemos ver como as forzas políticas estaban pola labor de pedir que a sede da Axencia fose a parar a terras galegas, e agora son o Colexio Oficial de Enxeñeiros de Telecomunicacións de Galicia, Ineo, AETIC, a escola de Vigo e o centro tecnolóxico Gradiant os que manifestáronse na mesma dirección nunha xuntanza organizada no museo Santiago Rey Fernández-Latorre.