Os xogos de Ouya poderán correr baixo outro hardware
martes, 4 de marzo do 2014
Tras
converterse nun dos proxectos de referencia en
Kickstarter, a consola de videoxogos baseada en Android Ouya conseguiu materializarse nun produto
comercial que ofrece un curioso catálogo de tÃtulos que en moitos casos están
moi ligados a esta plataforma (aÃnda que cunhas vendas un tanto
decepcionantes), e para desligar o software do hardware, e conseguir que os
xogos de Ouya poidan chegar a un público máis amplo, a fundadora do proxecto,
Julie Uhrman, asegura que esta
semana vai anunciar Ouya Everywhere, unha plataforma que permitirá levar os
xogos de Ouya ao televisor sen ter que contar co hardware de Ouya.
Con esta nova solución os xogos de Ouya poderÃan chegar a outros dispositivos
baseados en Android, chegando incluso a integrarse en televisores, abrindo unha
serie de posibilidades da que se espera que dean conta en breve. Esta decisión
responderÃa ao feito de que Ouya é realmente unha compañÃa de software, de
xeito que a consola que desenvolveron foi só un punto de partida ao redor do
que crear toda unha plataforma de xogos que podemos ver como unha analoxÃa en
Android do que Steam é no sector do PC.