Os órganos xudiciais galegos efectuaron 2.449 videoconferencias durante 2012
luns, 18 de febreiro do 2013
A
modernización tecnolóxica da Xustiza non se limita á informatización dos seus
soportes, senón á aplicación das TIC aos seus funcionamento diario, o que pode
supor un importante aforro, como no caso dos desprazamentos para tomas de
declaración, interrogatorios a procesados, testemuñas e peritos, que poden
substituÃrse por videoconferencias, o que en Galicia supuxo o aforro
de máis de 260.000 euros durante 2012 segundo vén de dar a coñecer a
AMTEGA. Isto foi posible grazas ao uso dunha rede de videoconferencia composta
por 55 equipos de sala que dan servizo á totalidade das salas preferentes
(menores, violencia de xénero, penal e vixilancia penitenciaria).
Actualmente están instalados 310 postos de videoconferencia persoal nos equipos
dos usuarios das fiscalÃas, o IMELGA e dos xuÃces e maxistrados das vilas
galegas, estando previsto a súa ampliación a 600.
O aforro económico en desprazamentos (reducindo custos por dietas, gastos de
custodia e investimento en vehÃculos) non é a única vantaxe do uso da
videoconferencia, senón que tamén
axiliza a actividade xudicial, permite unha maior seguridade ao evitarse
traslados nos casos de reclusos e presos preventivos aos órganos
xurisdicionais, redúcese o desprazamentos de peritos, testemuñas e partes e
facilÃtase unha mellor organización do traballo nos órganos xudiciais.
