Os números de teléfono 380AB servirán para recadar fondos para campañas solidarias
luns, 17 de marzo do 2014
A
Comisión Nacional do Mercado da Competencia aprobou a primeira asignación dos
recursos de numeración necesarios para que os operadores de almacenamento e
reenvÃo de mensaxes poidan iniciar os servizos
de recadación de fondos en campañas de tipo benéfico ou solidario a través do
rango habilitado 380AB, establecendo para que a asignación se leve a cabo ,
e asignando un total de 21 números para entidades como Cruz Vermella, a
Fundación Internacional Josep Carreras, a Fundación Acción contra el Hambre ou
a Fundación Unicef-Comité Español.
Dende 2008 xa existÃan un rango semellante (o 280AB) para recadar fondos en
casos de emerxencias ou campañas benéficas, e as entidades que teñan un destes
números terán prioridade ao solicitar un 380AB coa mesma terminación. Os 44
números 280AB actuais continuarán vixentes, aÃnda que é de agardar que a nova
numeración colla máis peso nos vindeiros meses para permitir as achegas de
contÃas máis significativas.
Os novos números terán un prezo para mensaxes de texto de entre 1,2 e 6 euros,
facilitando a realización de aportacións solidarias a distintas causas por
parte dos cidadáns, que evitan asà o envÃo de numerosas mensaxes para achegar
máis de 1,2 euros a unha iniciativa benéfica.

- Asignación dos primeiros números 380AB
