Os dominios puntoes comezan a aceptar os caracteres internacionais

martes, 2 de outubro do 2007 Marcus Fernández

O servizo de rexistro de dominios de Internet baixo o sufixo .es ábrese hoxe ós caracteres internacionais de xeito que símbolos como ñ, ç, tildes e diéreses xa se poderán solicitar para actuais dominios existentes. Deste xeito, os responsables de domnios coma acoruna.es poderán solicitar a reserva do dominio acoruña.es, para irse ponde en funcionamento de xeito escalonado.
Esta primeira fase de rexistro durará ata o 30 de outubro, e só estará dispoñible para titulares de dominios rexistrados antes do 1 de xaneiro de 2007, e que permitirá a súa adaptación a dominios multilíngües mediante o sistema IDN (nomes de dominio internacionalizados).

Táboa de equivalencia entre caracteres básicos e caracteres internacionais aceptada por Red.es

A aprobación destas novas solicitudes se realizará despois do 30 de outro, e unha vez rematado tal proceso, abrirase publicamente o rexistro dos novos dominios. Esta implantación por fases dos novos dominios pretende protexer a marcas e nomes rexistrados anteriormente, cando non existía a posibilidade de rexistro de nomes de dominio cos nosos caracteres, aínda que hai que destacar que os dominios IDN non exclúen o sistema tradicional, senón que o complementan, xa que os usuarios estranxeiros teñen problemas para teclear os nosos caracteres (por exemplo, os seus teclados non inclúen o ñ).
Hai que destacar que o sistema español nun principio protexe os caracteres españois, e non consta o que se fará con nomes en chinés ou cirílico (que tamén están soportados por IDN).

PUBLICIDADE