Os contribuíntes galegos que gastaran en TIC no 2008 terán dereito a unha dedución

venres, 8 de maio do 2009 Raquel Noya

Que estamos en tempada de presentar a declaración da renda máis o menos xa o sabemos todos; agora ben, que os galegos temos dereito a unha dedución por gastos en uso de novas tecnoloxías, seguramente é algo que a gran maioría descoñecíamos ata agora, que o vimos de comprobar na oficina virtual da Axencia Tributaria.
Todos aquelas persoas que contrataron en 2008 unha conexión de alta velocidade para acceder a Internet, deben saber que a Axencia Tributaria lle deducirá o 30 por cento do que gastaran en total, tanto pola alta como polas cotas mensuais, cun límite deducible de 100 euros.
Porén, este desconto só é deducible o ano no que o cliente se dou de alta no servizo polo que só poderán beneficiarse del aqueles usuarios que contrataron algún servizo de conexión a Internet no último ano.
Asemade, a liña contratada debe estar destinada unicamente ao uso doméstico e non estar vinculada ao exercicio de ningunha actividade empresarial ou profesional, tal e como detallan na web da AEAT.

PUBLICIDADE