Os Beatles chegan a Spotify
xoves, 24 de decembro do 2015
Coma se fose un agasallo de Nadal, hoxe chegou aos catálogos
de Spotify, Apple Music, Slacker, Tidal, Groove, Rhapsody, Deezer, Google Play
e Amazon Prime o catálogo musical do grupo The Beatles, de xeito que a banda de
Liverpool deixa de resistirse á realidade do mercado musical (lembremos que a súa música non
puido mercarse en formato descargable ata hai 5 anos) e agora podemos
escoitar a súa discografÃa de balde a través das plataformas de streaming máis populares.
Quedan asà poucas formacións musicais de grande peso sen aceptar o streaming, e a resistencia a este
formato de explotación da música tende a limitarse ás primeiras semanas de
lanzamento dalgúns álbums, que establecen unha fiestra para favorecer a venda
de discos que pese a ser moi reducidas en xeral, no caso de artistas como
Taylor Swift ou Adele continúan a vender millóns de copias internacionalmente.
Realmente non estamos ante a estrea dos Beatles no streaming, xa que Pandora xa permitÃa a súa reprodución en liña (xa
que está considerada como unha radio en liña e non un servizo de música baixo
demanda), pero ao estrearse hoxe en Spotify pode considerarse como un momento
histórico, e é de agardar que consiga un elevado volume de reproducións nos
vindeiros dÃas (lembremos que cando se estreou o seu catálogo en iTunes conseguiu
vender máis de 2 millóns de cancións na súa primeira semana). Pese a estarmos
ante unha formación musical desaparecida hai bastantes anos, o seu catálogo
musical demostra estar moi vivo.
