O Programa de Voluntariado Dixital contribúe á promoción en liña do encontro internacional de torneiros da madeira
luns, 17 de agosto do 2015
A empresa estati.co, mecenas dixital do Programa de
Voluntariado Dixital da Xunta, impulsado pola AMTEGA e a Dirección Xeral de
Xuventude e Voluntariado, está a colaborar co Concello de Xermade no desenvolvemento
dun espazo web para a difusión do Encontro Internacional de Torneiros da
Madeira en Galicia que terá lugar o vindeiro mes de setembro.
Este encontro
é unha iniciativa única na penÃnsula que se celebra no Concello de Xermade
dende hai 15 anos para divulgar un oficio tradicional en toda Galicia, documentar
técnicas e coñecementos e trasladar a sociedade as súas orixes e o potencial
artÃstico e creativo que ofrece.
Ao longo de catro dÃas Xermade reúne a profesionais
recoñecidos internacionalmente procedentes non só de Galicia, senón tamén de
Francia e Nova Zelandia que comparten a súa sabedorÃa e experiencia con
actividades formativas, exposicións e demostracións, ao tempo que achegan ao
público en xeral o mundo da tornearÃa.

- Torneiros da madeira de distintos paÃses xuntaranse durante 4 dÃas en Xermade
