O Nokia Lumia 620 sorprende entre o máis vendido en Expansys nos EE.UU.
xoves, 24 de xaneiro do 2013

- O pequeno da familia Lumia conseguiu colocarse xusto despois dos móbiles insignia de Samsung e HTC
Hai pouco máis dun mes Nokia presentou o novo Lumia 620, que
busca ser o móbil con Windows Phone 8 de prezo máis axustado entre os grandes
fabricantes sen descoidar o seu deseño (que destaca polas súas carcasas
de dúas capas de cores rechamantes), e parece que antes mesmo de chegar á
meirande parte de mercados xa é un éxito, especialmente se atendemos á tenda en
liña de Expansys nos EE.UU., onde o smartphone pode
encargarse libre por 289 dólares e, aínda que non terán existencias ata o 7
de febreiro, o que non impediu que se colase na listaxe dos produtos máis vendidos
esta semana, quedando como os únicos móbiles que o superan en vendas o
Samsung GALAXY S III e o HTC One X+.
O Nokia Lumia 620 en España
En España Expansys tamén acepta pedidos do
Nokia Lumia 920 a un prezo de 274,99 euros (un pouco por riba dos 269 euros
que terá como prezo oficial), aínda que no noso territorio este terminal non
destaca en encargos, senón que é o Nokia Lumia 920 de cor vermella o que lidera as vendas nos seu Top 20 semanal,
polo que as vendas en liña estarían a indicar a boa saúde da familia Lumia de
Nokia.
Onde
si veremos o Nokia Lumia 620 de xeito físico en España é nas
tendas da cadea The Phone House, que xa incorporaron o pequeno da familia Lumia
ao seu catálogo, figurando a un prezo libre de 289 euros no seu modelo de
cor negra, de xeito que España estaría entre os primeiros países nos que se
pode conseguir dun xeito relativamente doado este atractivo móbil, pois ata o
momento parecía que a súa distribucións estaba a limitarse a Rusia, Tailandia,
India, Alemaña, China, Emiratos Árabes, Turquía e Canadá.
