O Edificio de Novas TecnoloxÃas de Lugo súmase á conciliación cun obradoiro de tarxetas dixitais
mércores, 18 de decembro do 2019
O
Edificio de Novas TecnoloxÃas de Lugo, unha das grandes apostas do
Concello pola dinamización dixital (achegando formación e
alfabetización en pleno casco vello da cidade), vai ser este Nadal
un importante punto de conciliación para as familias.
En concreto, o Edificio vai organizar un curso de deseño de tarxetas
dixitais de felicitación dirixido á rapazada (ás nenas e nenos
maiores de oito anos), co obxectivo de complementar a súa
aprendizaxe tecnolóxico-dixital estas vacacións ao mesmo tempo que
se lles ofrece unha actividade lúdica, divertida e participativa.
O
obradoiro, que é de balde, desenvolverase en horario de 11:00 a
13:00 horas, dende o 23 de decembro ate o 3 de xaneiro. As e os
participantes poderán crear e deseñar postais de Nadal, de
aniversario e mesmo escribirlles unha carta aos Reis Magos.
A
actividade terá lugar no Edificio de Novas TecnoloxÃas do 23 de
decembro ao 3 de xaneiro. E súmase, asÃ, ao resto de propostas
municipais que dende as concellerÃas de Benestar e Muller e
Xuventude se organizan nestas datas para ofrecer alternativas de ocio
e entretemento no tempo de lecer que teñen estes dÃas as e os
cativos lucenses polo parón escolar. O curso, que dispón de 15
prazas, é gratuÃto e as persoas interesadas poderán apuntarse ata
o vindeiro sábado, dÃa 21, ben no propio centro ou chamando ao
982.29.73.77. Concederanse segundo rigorosa orde de inscrición,
segundo informa o Concello.
