O Concello de Santiago achega formación sobre eAdministración
xoves, 4 de marzo do 2021
O
Concello de Santiago, a través do departamento de Comercio, vai
organizar un curso sobre as novas relacións de comunicación e
interrelación entre a cidadanÃa e as entidades públicas que poñen
en xogo as novas ferramentas tecnolóxicas.
O curso A Administración Electrónica e a tramitación de axudas
municipais en Sede Electrónica impartirase de xeito online
dende o 15 ao 18 deste mes e o prazo para inscribirnos
comezou este 4 de marzo, ás 15.00 horas.
Dende
un enfoque práctico analizaranse todas as funcionalidades que ofrece
a Sede Electrónica. O obxectivo desta formación é repasar de forma
práctica todas as accións que se poden realizar a través da
devandita ferramenta de eAdministración e mellorar a eficiencia e os
tempos de tramitación nos seus expedientes administrativos. O curso
conterá ademais cun módulo especÃfico dedicado á tramitación de
axudas municipais a través da Sede Electrónica do Concello de
Santiago.
Obxectivos
xerais
-
Coñecer conceptos básicos que nos permitan familiarizarnos coa
Sociedade da Información.
-
Coñecer os principios da Administración Electrónica.
-
Adquirir información dun novo marco como é a eAdministración e a
súa contorna.
-
Adquirir e aplicar a información sobre o desenvolvemento normativo
que regula a eAdministración.
-
Coñecer os conceptos básicos da normativa de subvencións públicas.
-
Adquirir os coñecementos necesarios para a tramitación de axudas
municipais na Sede electrónica do Concello de Santiago.
Contidos
- A
Sociedade da Información e a Administración Electrónica.
-
Seguridade e Cifrado.
-
Certificados dixitais e DNI electrónico.
- A
sinatura electrónica.
-
Procedemento administrativo electrónico: As Sedes electrónicas.
Acceso e Uso.
-
Subvencións públicas: conceptos básicos desde unha perspectiva
práctica.
-
Tramitación de axudas municipais na Sede Electrónica do Concello de
Santiago.
O
curso desenvolverase en dúas edicións (unha en horario de mañá e
outra de tarde) con 20 prazas cada unha das convocatorias.
Celebrarase
os dÃas 15, 16, 17 E 18 de marzo.
Horarios
Edición
mañá: 8:30 - 11:00 horas
Edición
tarde: 20:00 - 22:30 horas
