O CESGA e Fujitsu asinan un acordo de colaboración para impulsar as tecnoloxÃas cuánticas dende Galicia
venres, 21 de abril do 2023
A multinacional
tecnolóxica nipoa Fujitsu e o Centro de Supercomputación de Galicia (CESGA) asinaron
hoxe un acordo para o establecemento dun centro de coñecemento cuántico en
Galicia, situado en Santiago de Compostela, que acelerará a investigación
conxunta utilizando tecnoloxÃas de computación cuántica e promoverá o
desenvolvemento da industria cuántica tanto a nivel rexional como
internacional.
O centro entrará
en operación a partir de mediados de setembro de 2023, e é o de maior número de
bits cuánticos que se instalará en España en 2023. Fujitsu e CESGA colaborarán
estreitamente coas universidades galegas e a comunidade de investigadores do
CSIC para impulsar o desenvolvemento e a investigación en tecnoloxÃas
cuánticas, crear novo coñecemento na materia, atraer talento e investimento a
Galicia, e promover o uso das tecnoloxÃas cuánticas para afrontar os retos
sociais.
Vivek Mahajan,
director xeral de tecnoloxÃa de Fujitsu Limited, comenta que «estamos
entusiasmados de cooperar co CESGA no novo International Quantum Center para
impulsar o desenvolvemento da investigación tecnolóxica e as aplicacións
industriais en Europa, e contribuÃr á creación de emprego e o desenvolvemento
de recursos humanos na industria cuántica».
Lois Orosa,
director xerente do CESGA, sinala que «esta colaboración con Fujitsu será clave
para que Galicia impulse a súa xa relevante produción de novos desenvolvementos
e investigacións, tanto en hardware como en software cuánticos nos vindeiros
anos, axudándonos a situar aos nosos grupos de investigación nunha posición de
liderado mundial e permitÃndonos dar forma ao futuro da computación cuántica».
O CESGA
estableceuse en 1993 para contribuÃr ao desenvolvemento da ciencia e a
tecnoloxÃa utilizando computadoras de alto rendemento e tecnoloxÃas da
comunicación en beneficio da sociedade. Debido á evolución das tecnoloxÃas
cuánticas, o CESGA comezou unha intensa actividade en investigación en cuántica.
Recentemente seleccionou a Fujitsu como socio para crear un hub
internacional de tecnoloxÃa cuántica en Galicia, que lles permitirá dispoñer de
todos os recursos necesarios para a creación de coñecemento, atraendo talento e
asegurando futuros investimentos para a rexión.
Como socio
tecnolóxico do CESGA, Fujitsu contribuirá coa súa experiencia no campo da
computación cuántica, adquirida a través do seu desenvolvemento continuo de
tecnoloxÃas innovadoras cuánticas e relacionadas coa cuántica, incluÃndo
hardware e software para computación cuántica.
O CESGA está en
proceso de instalación dun sistema de agrupación industrial baseada no
simulador de computación cuántica de 34 bits cuánticos Fujitsu, asà como un sistema
de agrupación industrial adicional que consiste nun computador cuántico de 32 bits
cuánticos baseado en superconductores desenvolvido
pola compañÃa británica Oxford Quantum Circuits e un supercomputador
Fujitsu PRIMEHPC FX700, equipado coa mesma CPU A64FX que a supercomputadora
Fugaku. O CESGA instalará tamén o Digital Annealer de inspiración cuántica de
Fujitsu que se atopará operativo a mediados de setembro de 2023.
Ilana Wisby,
directora xeral de Oxford Quantum Circuits, sinalou que «a nosa visión é
permitir un enfoque máis fiable e fluÃdo cara á computación cuántica. Isto
marca outro fito importante para OQC a medida que continuamos brindando as
nosas capacidades cuánticas lÃderes ao mundo. A tecnoloxÃa ten o poder de
permitir descubrimentos que realmente cambian a vida e comprácenos traballar
con CESGA e Fujitsu na súa viaxe cara ao futuro da computación».
Para poñer en
marcha a iniciativa, Fujitsu e CESGA planean executar tres casos de uso do
mundo real con empresas galegas de alto perfil, aproveitando o Digital Annealer
de Fujitsu para demostrar os beneficios potenciais e prácticos das tecnoloxÃas
cuánticas e relacionadas coa cuántica.
Galicia vén
realizando importantes investimentos en tecnoloxÃa cuántica grazas aos fondos
FEDER de React EU proporcionados pola Comisión Europea xunto con fondos da
Xunta de Galicia.
VÃdeo coa presentación desta mañá
