Novas medidas contra a piraterÃa audiovisual en España
martes, 18 de febreiro do 2020
Unha sentenza do xulgado mercantil de Madrid sorprendeu ao
dar a razón a Telefónica Audiovisual Digital nunha demanda interposta contra as
operadoras de telecomunicacións e provedores de acceso á Internet para a
identificación e o bloqueo dunha serie de páxinas web que facilitaban a piraterÃa,
de xeito que Telefónica, Vodafone, Orange, MásMóvil e outras operadoras deberán
bloquear as páxinas denunciadas das que se facilitan URL, dominios ou enderezos
IP no prazo máximo de 72 horas dende a notificación da sentenza.
A resolución xudicial inclúe unha listaxe con 44 páxinas web que deberán
bloquear os operadores, asà como comunicar a realización efectiva do bloqueo,
sendo o elemento realmente rechamante da sentenza que a
listaxe de recursos bloqueados a petición de Telefónica Audiovisual Digital poderá
actualizarse semanalmente, aplicándose esta medida durante 3 tempadas
deportivas, ou sexa, ata o 25 de maio de 2022.
Esta medida excepcional buscarÃa axilizar os bloqueos de páxinas web ilegais e
frear os seus rápidos cambios de enderezo para evitar o seu bloqueo.
