Na Rede unha recreación de A vida de Brian a conto da división do nacionalismo galego
mércores, 4 de setembro do 2013
Que a ficción adianta e prefigura a realidade é
cousa sabida. En A vida de Brian, na famosa secuencia das
bancadas, os diferentes grupos xudaicos nacionalistas póñense
verdes uns aos outros por detalles ideolóxicos tan miúdos que
finalmente os que lanzan improperios e chaman disidentes aos demais
xa non saben moi ben a que facción ideolóxica pertencen, tal é o
ensarillado. Moitos seareiros dos Monty Python (autores do dito
filme) lembraron esta secuencia ao asistir á escisión recente do
nacionalismo galego, cousa que prexudicou principalmente... ao
nacionalismo galego. Pois ben, retomando o fÃo deste paralelismo
temático, vén de ser pendurada
en Internet a peza A vida de Brais, unha recreación do
dito filme agora emprazado no campo de fútbol de Sigüeiro e
contando con cinco alumnos de Comunicación Audiovisual da USC como
protagonistas (e tamén co polÃtico Rafael CuÃña).
O vÃdeo, que dura algo máis de dous minutos,
rodouse no mes de maio e contou co apoio dos profesores Barreiro
Rivas e Antón Losada. A participación de Rafael CuÃña, en clave
autoparódica, está a ser saudada na Rede como un ingrediente a ter
moi en conta, non só pola súa condición de polÃtico galeguista,
senón por ser el, precisamente, un dos protagonistas do proceso que
levou á creación dun bo número de agrupacións polÃticas de corte
nacionalista compartindo un tronco e unha ideoloxÃa xeral común: a
defensa do paÃs.
O mencionado vÃdeo de A Vida de Brais
