NACCE celebra en Braga a súa nova xeira de networking sobre oportunidades de negocio TIC
venres, 7 de decembro do 2012
Logo da
celebración en Vigo, o 29 de novembro, da primeira das novas
xeiras de traballo (networking) do Proxecto
NACCE, na que participaron unha vez máis empresarios
galego-portugueses do eido TIC e profesionais en asesoramento e
emprendemento adheridos a NACCE
(para axudar a aqueles na súa andaina no mercado internacional e na
procura de competitividade), a iniciativa traslada agora o seu eixe
fÃsico de actividade a Portugal, co-participante no proxecto. Máis
polo miúdo, a cita terá lugar en Braga, o 11 de decembro.
Segundo informa a organización,
contará co mesmo formato cá devandita Xornada de
Internacionalización do 29
de novembro pero
trataranse temas relacionados coa colaboración entre empresas TIC
Galicia e o Norte de Portugal. O epÃgrafe baixo o que se desenvolve
esta xuntanza, que se celebra na sede da asociación empresarial
AIMInho. é o seguinte: Oportunidades de negocios TIC: Como vender
e establecer acordos de colaboración entre empresas Galegas e do
Norte de Portugal.
A xornada ten por obxectivo aglutinar a
emprendedores con ideas de negocio e empresarios, xestores e
responsables de entidades que apoian a colaboración, innovación e
internacionalización, nunha mesma sala co mesmo propósito de apoiar
o lanzamento de ideas e promover acordos entre o mercado dá Galicia
e Norte de Portugal.
Programa
10h15 Café de benvida
10h30 Apertura Institucional AIMinho.
Dr. Nuno Martins
Xunta de Galicia
AGESTIC. Dra. Sonia Rábade |
secretaria xeral
Cámara Vigo. José Manuel GarcÃa
Orois | xerente
Universidade de Vigo. Francisco Javier
Rodriguez MartÃnez | Subdirector da Escola Superior de Engenharia
Informática
CCG. Eng. Carlos Corsino | Núcleo
NACCE
11h00 Oportunidades de negocios TIC
Orador a confirmar | Centro de
Computação Gráfica de Guimarães
11h20 Emprender en Galicia, desenvolver
negocio en Portugal: PEZCALO, tenda on-line de pesca deportiva - Eng.
Iván Fociños | AGESTIC
11h40 Prepara a túa empresa para
vender en Galicia
Eng. Eloy Xesto Beiroa | Director
executivo da empresa ESCOLA INVENTA
12h00 TenEstilo - MarÃa Antonia Otero
| TenEstilo
12h20 jobLOVR. Atopa o teu freelancer
Eng. João Veiga | CEO da Empresa
Scytale, lda e mentor do Proxecto NACCE
12h40 Codevision. Software Engineering
Eng. Marco Coelho | CEO da Empresa
Codevision, lda. e mentor do Proxecto NACCE
13h00 Importancia da colaboración para
as empresas
Eng. Adelino Silva | CEO da Empresa
LINCIS, lda. e mentor do Proxecto NACCE
13h20 Debate
13h30 Comida de traballo
14h30 Inicio de traballos de mentoring
Eng. Adelino Silva
Eng. Ivan Fociños
Eng. João Veiga
Eng. Marco Coelho
Dr. Nuno Rodrigues | IPCA (Instituto
Politécnico do Cavado e do Ave)
16h00 Finalización da xornada
Proxecto para empresas e
emprendedores de Galicia e Norte de Portugal
Lembrar que o Proxecto NACCE está
dirixido a empresas e emprendedores de Galicia e Norte de Portugal. É
un proxecto eminentemente on-line, e é unha oportunidade de
recibir asesoramento por parte de profesores e mentores de
contrastada traxectoria profesional e formación en dirección de
proxectos en colaboración, internacionalización de empresas e/ou
creación de empresas de alicerce tecnolóxico. Arestora, máis
de 250 profesionais, empresarios e emprendedores ligados ao sector
tecnolóxico-dixital de Galicia e o Norte de Portugal están a
participar directamente no Proxecto NACCE. Dirixidos por un equipo de
expertos tanto a nivel de empresa (Proxectos e I+D, Plans
Estratéxicos, Continuidade de Negocio, TecnoloxÃa, Mercadotecnia)
como a nivel de promoción e desenvolvemento de empresas de nova
creación, novas liñas de negocios e desenvolvemento de start-ups;
están a traballar en exportar os seus produtos e servizos
tecnolóxicos, de Internet ou contidos dixitais, preferentemente en
Portugal e viceversa; creando novas liñas de negocio en colaboración
con empresas e/ou equipos de profesionais do outro lado da fronteira;
e, directamente, constituÃndo desde cero unha empresa de base
tecnolóxica.
O proxecto NACCE inscrÃbese dentro da segunda
convocatoria do Programa de Cooperación Transfronteiriza
España-Portugal 2007-2013, e participan a ConsellerÃa de Traballo e
Benestar da Xunta de Galicia, AGESTIC (Asociación Galega de Empresas
TIC), Cámara de Comercio de Vigo, Universidade de Vigo, AIMinho
(Associaçao Empresarial) e o CCG/ZGDV (Associaçao Centro de
Computaçâo Gráfica). Espérase que signifique un gran estÃmulo
para o sector TIC de Galicia e do norte de Portugal favorecendo a
creación de emprego e de empresas tecnolóxicas.
