Multa de 1.500 euros aos responsables dun vÃdeo vexatorio publicado en YouTube
xoves, 5 de febreiro do 2009
En outubro de
2007 soubemos dun veciño de Móstoles que presentara unha denuncia no xulgado da
súa localidade para solicitar que YouTube eliminase do seu servidor os vÃdeos nos que uns
descoñecidos insultaban e facÃan mofa do seu fillo, un
esquizofrénico de 46 anos de idade dos que os seus pais teñen a custodia.
MartÃn Roldán esforzouse moito na súa loita contra os individuos que atentaban
contra a honra da súa familia, o que fixo que o seu caso chegase aos medios de
comunicacións, levando a Google a reaccionar, e eliminar os contidos
denunciados de YouTube, non quedando a cousa aÃ, e finalmente a Axencia
Española de Protección de Datos sancionou aos autores das polémicas gravacións
cunha multa de 1.500 euros por infracción grave a partir do procedemento de oficio que iniciou cando coñeceron o
acontecido.
O
pai da vÃtima considera que a sanción é «ridÃcula»
por ter en conta «demasiados atenuantes»
xa que as multas graves poderÃan oscilar entre os 60.000 e os 300.000 euros.
Tamén lembrou que a causa xudicial a partir da súa denuncia continúa aberta.
