Mozilla bloquea temporalmente un plugin para Firefox
luns, 19 de outubro do 2009
Os usuarios do
Firefox sorprendéronse nas últimas horas ou ver que o seu navegador bloqueou o
engadido coñecido coma Windows Presentation Foundation (WPF) que instalarÃase
xunto co .NET 3.5 (sen o permiso do usuario), no que aseguraban que era unha medida
para evitar un fallo de seguridade, pero finalmente concluÃron que o
engadido non estaba afectado pola vulnerabilidade detectada, e o
retiraron da listaxe de bloqueo, estando agora traballando no
mecanismo que permite aos usuarios a reactivación do plugin.
O peor destas medidas é que os usuarios non saben a qué son debidas, creando
certa inquedanza, por darse a impresión de que a seguridade dos nosos equipos
está comprometida non só pola nosa man, senón polas propias aplicacións de uso
diario sobre as que carecemos de control.
