Movistar engade publicidade preroll ás canles de televisión de RTVE
mércores, 23 de abril do 2025
Os clientes do servizo de televisión de Movistar están a montar en pé de guerra nas redes sociais ao decatarse de que o operador activou publicidade propia cando se cambia de canal.
A compañÃa confirmou que activou publicidade nas canles do grupo de Radio Televisión Española, ou sexa en La 1, La 2, Teledeporte e Canal 24h, dun xeito intrusivo e molesto para usuarios que non esperaban recibir anuncios adicionais cando queren ver canles en aberto a través dun servizo de pagamento.
Movistar detallou que nas canles afectadas amosan vÃdeos publicitarios a pantalla completa, sen interface de control e coa etiqueta de publicidade, aparecendo estes anuncios cando se sintonice unha das canles de RTVE, cun máximo dun anuncio cada 30 minutos e 5 anuncios ao dÃa por cliente.
Este tipo de prácticas por parte de Movistar eran habituais a través da súa aplicación de televisión, pero non a través do decodificador, que é o que está a indignar a moitos usuarios que ven inxustificado ter que tragar anuncios adicionais cando xa están a pagar unha cota mensual bastante elevada.
